Malpica de Bergantiños acollerá o Día da Bicicleta o 21 de xullo
O Concello de Malpica de Bergantiños ven de prensentar a celebración do Día da Bicicleta o próximo 21 de xullo de 2024, un evento que busca promover a actividade física a través do ciclismo. A saída está programada para as 10:45 horas desde o Campo de Fútbol de Pedra Queimada.
A ruta terá un percorrido de 11 quilómetros e é apta para todas as idades. As inscricións poderán realizarse no mesmo lugar da saída ata 15 minutos antes do comezo do evento.
Ademais, ao rematar o percorrido, o Concello realizará un sorteo de agasallos entre todos os participantes, engadindo un incentivo máis para animar á participación.
O Día da Bicicleta de Malpica promete ser unha xornada de diversión e deporte ao aire libre, fomentando hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas.