Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

1Ago 2014

O Retablo de Fantoches conmemora a estrea da obra de Rafael Dieste “A Doncela Guerreira” en Malpica en 1933

A Concellería de Cultura lembra a data cun ciclo de espectáculos de monicreques
540-f-foto

O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches coa obra “A Doncela Guerreira“. 

A obra de Rafael Dieste formou parte do repertorio que o Teatro Guiñol das Misións Pedagóxicas representou por aldeas de pobos de toda España entre 1933 e 1936.

 

Así lembraba o propio Dieste a experiencia: ?Os medios de fabricación foron da miña colleita, o mesmo que o deseño do estaribel, cos seus recursos de iluminación, escenográficos, etcétera. Todo isto requiriu experimentos nos que participou con seu fogoso xenio José Val del Omar. No modelado dos bonecos e nos decorados interviñeron principalmente Ramón Gaya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e eu tamén, non só como teórico -xa que xurdiron moi curiosas discusións estéticas-, senón como artesán  Na doncela Guerreira, Lugrís, que era un guiñolista portentoso, acertou a resolver teatralmente un final de escena, culminación da comedia, cun relincho brioso e xubiloso do cabalo en fuga levándose a heroína. A dirección de escena, así como os guións ou farsas, corrían o meu cargo, e rara vez deixaba de ter algún papel nas representacións?.

 

 En lembranza do titánico esforzo realizado por Dieste, Val del Omar, Gaya, Mazas, Prieto e Lugrís para levar a cultura a todos os recunchos do país, a Concellería de Cultura de Malpica pon en marcha un ciclo de espectáculos de monicreques baixo a denominación de Retablo de Fantoches de Rafael Dieste.

 

 

As funcións comezarán este sábado, día 2 (paseo marítimo, 20.30 horas), coa representación de Acuario, de Teatro Ghazafelhos e María Canosa. O día 9, Titeres Trompicallo ofrecerá Jiñol, e o 30 estará en Mapica Ledo Teatro con A súa vida. No caso de choiva as actuacións trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico.

26Xul 2014

O Concello de Malpica organiza para a vindeira fin de semana a XVI Cocedura Tradicional no Forno do Forte de Buño

Coincidindo coa Mostra da Olería, a Concellería de Turismo repetirá un proceso centenario de elaboración das pezas de barro
540-f-foto

A Concellería de Turismo de Malpica prepara para a vindeira fin de semana unha nova edición, a número 16, da Cocedura Tradicional no Forno do Forte de Buño. O proceso centenario de elaboración das pezas de barro comezará o día 2, ás 11.00 horas, coa carga do forno. O prendido será ás 15.00 horas, e xa a última hora da tarde, aproveitando a calor, celebrarase a Festa da Carroa, outra tradición que vai unida á cocedura tradicional. A descarga do forno será o domingo 3, a partir das 11.00 horas.

 

O concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, destacou a importancia de reproducir unha parte tan importante do proceso de elaboración da olería como é a cocción tal e como se facía en Buño polo menos dende o século XVII. <Intentamos que a Cocedura Tradicional se faga como se fixo sempre>, sinalou. Para conseguilo, todo o proceso, no que participarán veciños e artesáns de Buño, estará supervisado polo oleiro Antonio Pereira, <O Rulo>.

 

Olas, ánforas, porróns? Arredor de 2.000 pezas serán colocadas con sumo coidado no Forno do Forte o sábado pola mañá. Unha vez cargado o forno, a bóveda será tapada con <cachos>, que axudan a manter a calor. O prendido será ás 15.00 horas, e nese momento entrará en escena a <muller dos fumes> para alimentar o forno con toxo ata que acade a temperatura idónea, que se sitúa arredor dos 1.000 graos. E despois será a quenda dos atizadores, que terán a misión de manter a temperatura ata que remate a cocción, unhas catro horas despois. A a calor acumulada aproveitarase para asar as sardiñas, que se servirán acompañado con pan e viño na Festa da Carroa, a partir das 21.00 horas. De feito, a cocedura nestes fornos comunitarios era, antigamente, unha festa.

 

As pezas que se descarguen o domingo do Forno do Forte serán comercializadas cunha etiqueta na que se garante que foron elaboradas de xeito artesanal.

 

25Xul 2014

O Concello de Malpica decide ampliar o obradoiro Pintar na Rúa ante o éxito da actividade

O día 28 tamén se porá en marcha o taller de danza moderna. En ámbolos obradoiros hai prazas libres
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños decidiu prorrogar durante dúas semanas máis o obradoiro Pintar na Rúa ante o éxito da actividade, na que participaron nos últimos 15 días un total de vinte nenos e nenas. Os que quedaron en lista de agarda e todos os que se anoten ata o luns, incluído, poderán participar na segunda fase da experiencia, que arrincará o mesmo día 28.

 

O taller, impartido polas artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi, vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade. Os rapaces poderán completar o traballo realizado nos últimos días nos muros exteriores do Centro Cívico, nos que o cemento está a ser substituído por un enorme e colorido mural co mar e a pesca como temas de inspiración. As pintoras están moi satisfeitas coa resposta dos rapaces e rapazas e coa súa implicación no proxecto malia as súas cortas idades, e a mesma satisfacción existe por parte da Concellería de Cultura de Malpica. De feito, a súa titular, Noelia Freijeiro, non descarta ampliar a iniciativa a outros espazos públicos da vila, na que xa se levou a cabo hai anos unha experiencia semellante de adecentamento de muros e medianeiras con pinturas artísticas.

 

Os nenos e nenas que queiran participar neste novo obradoiro poden acudir o luns 28 ao Centro Cívico antes das 11 da mañá, hora prevista para o inicio da actividade. As sesións teñen dúas horas de duración, de luns a venres, e no caso de choiva están previstas actividades alternativas, tamén de carácter artístico, no Centro Cívico.

 

O luns tamén se porá en marcha o obradoiro de danza moderna, no que os participantes practicarán hip hop e model jazz. O taller terá dúas semanas de duración, do 28 de xullo ao 8 de agosto, e celebrarase no auditorio do Centro Cívico de 11.00 a 13.00 horas, de luns a venres. Esta actividade vai destinada a nen@s e moz@s de 6 a 17 anos de idade, que se repartirán en dous grupos de 12 alumnos como máximo cada un.

 

24Xul 2014

ANUNCIO

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE 1 XEFE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.
540-f-foto

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 337/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de 1 Xefe?Brigada Incendios:

NOME E APELIDOS

 

 

BLANCO TOURIÑO, MARUXA

 

APTA

 

COUSILLAS VIGO, NEREA

 

APTA

 

MARTINEZ OANES, KEVIN

 

APTO

 

 

 Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 10:00 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal) – Buño.

 

———————————————————————————————————

 

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE UN (1)  PEON-CONDUCTOR AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 339/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de1 PEÓN-CONDUCTOR ( Brigada Incendios):

 

1 PEÓN ?CONDUTOR (APTOS)

 

NOME E APELIDOS

 

 

CURES MARTELO, MARCOS MANUEL 

 

APTO

 

FERNANDEZ VILA, ALEJANDRO

 

APTO

 

LISTA CEAN, RICARDO

 

APTO

 

OANES MENDEZ, JULIA

 

APTA

 

PARGA PEREZ, ADRIAN

 

APTO

 

PONCE MARTINEZ, LUIS

 

APTO

 

REMUIÑAN GARCÍA, MANUEL POMPILIO

 

APTO

 

 ROEL ROMAY, YAGO

 

APTO

 

 

Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 10:30 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal) – Buño.

 

——————————————————————————

 

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE DOUS ( 2 ) PEÓNS AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 338/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de 2 peóns ?Brigada Incendios:

 

NOME E APELIDOS

 

 

BALSEIRO CAAMAÑO, IVÁN

 

APTO

 

COTELO MUÑOZ, JUAN MANUEL

 

APTO

 

CURES MARTELO, MARCOS MANUEL 

 

APTO

 

FERNANDEZ VILA, ALEJANDRO

 

APTO

 

GOMEZ SUAREZ, BERNABÉ 

 

APTO

 

LISTA CEAN, RICARDO

 

APTO

 

NUÑEL FERREIRO, ADRIAN

 

APTO

 

PARGA PEREZ, ADRIAN

 

APTO

 

PONCE MARTINEZ, LUIS

 

APTO

 

REMUIÑAN GARCÍA, MANUEL POMPILIO

 

APTO

 

 ROEL ROMAY, YAGO

 

APTO

 

VARELA ABELENDA, DAVID

 

APTO

 

Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 11:30 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal)- Buño.

23Xul 2014

Malpica vólcase co ultratrail solidario polo Camiño dos Faros

O xoves 24 durante toda a tarde desenvolveranse actividades culturais previas á saída dos participantes
540-f-foto

Malpica non só vai ser o punto de partida do ultratrail solidario polo Camiño dos Faros, senón que será tamén o escenario de toda unha tarde de actividades nas que está implicada a sociedade local. Xa dende primeira hora empezará a crearse ambiente, pero o groso do programa desenvolverase a partir das 19.30 horas, coa recepción dos representantes da Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec) e do medio cento de corredores que farán toda ou unha parte da ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra pola costa.

 

Este é o programa de actividades do xoves 24 de xullo:

 

19.30 h. Recepción de corredores e representantes do Fegerec no Centro Cívico

 

19.45 h. Explicación básica do Camiño dos Faros e do Ultratrail

 

20.00 h. Proxección do vídeo O Camiño dos Faros.

 

20.30 h. Animación con zumba no palco cedido pola organización do Nordestazo (frente ao Leño).

 

21.30 h. Sardiñada ofrecida pola asociación O Camiño dos Faros

 

22.00 h. Monólogo de Pedro Brandariz

 

23.00 h. Concerto da Traskiband

 

23.45 h. Paseo cos corredores ata o porto.

 

24.00 h. Saída do Ultratrail neutralizada con corredores e membros de Fegerec polo porto e O Caldeirón ata o paseo marítimo, onde se dará a saída para os 50 corredores que intentarán chegar a Fisterra polo Camiño dos Faros en menos de 48 horas.

 

A chegada a Fisterra está prevista para o sábado 26 ás 21.00 horas. Esta edición piloto terá un carácter solidario, de xeito que os participantes precisan apoio mercándolles os quilómetros que van percorrer ao prezo simbólico de 1 euro. O diñeiro que se recaude destinarase integramente ao programa de asistencia sanitaria que Fegerec desenvolve en Galicia para mellorar a saúde do colectivo de persoas afectadas por enfermedades raras e crónicas.

 

21Xul 2014

Materializado o derribo da vella unitaria de Aldeola para iniciar a construción da escola infantil de Malpica

As obras teñen un prazo de execución de oito meses
540-f-foto

A antiga escola unitaria de Aldeola, na parroquia malpicá de Cerqueda, xa non existe. Hoxe pola mañá materializouse o derribo para deixar paso a unha nova e necesaria infraestrutura que viña sendo reclamada polos veciños e veciñas de Malpica dende hai anos: a escola infantil. A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), é froito do convenio asinado o ano pasado polo alcalde, Eduardo Parga, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou os traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S. L. por un importe de 354.175 euros. O prazo de execución é de oito meses.

 

A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, polo que dará cabida a 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade. O novo edificio terá dúas plantas. Na baixa estarán as aulas, un espazo de usos múltiples, cociña e aseo; mentres que na planta alta emprazaranse a sala de profesores, o despacho de dirección e unha zona de xogos.

 

19Xul 2014

O banco de alimentos de Malpica cumpre un ano

Unha familia monoparental recibirá todo o mobiliario para a súa casa
540-f-foto

Hoxe cúmprese un ano do primeiro reparto de alimentos que se levou a cabo en Malpica grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia, segundo lembrou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín. O acordo, que foi renovado o pasado mes de abril por doce meses máis, fai posible que vinte familias do municipio reciban todos os meses un lote completo de alimentos frescos e non perecedoiros. O último reparto levouse a cabo onte venres. Nesta ocasión, os veciños que se benefician desta prestación social recibiron leitugas, repolo, ovos, carne de ternera e de cabrito, allo e froita fresca, ademais de pasta, aceite, legumes e salsa de tomate, entre outros produtos envasados.

 

Pero o banco de alimentos, que este ano tamén funcionará no mes de agosto dadas as necesidades sociais existentes, non se limita a garantir produtos alimenticios, senón que tamén cobre outras necesidades. Así, en breve unha familia monoparental  recibirá o mobiliario para a súa casa. Dous dormitorios, mesa e cadeiras de cociña, un armario para o baño e un sofá integran o lote. A esa mesma familia facilitóuselle recentemente a pintura para que puidera adecentar o seu fogar. 

 

17Xul 2014

O Ultratrail Camiño dos Faros partirá do porto de Malpica o día 24

Esta primeira edición piloto terá carácter solidario e servirá para recadar fondos para a Federación galega de enfermidades raras e crónicas
540-f-foto

A Asociación Camiño dos Faros organiza un ultratrail solidario pola ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra. Esta primeira edición non será competitiva, senón que se desenvolverá a xeito de convivencia free running solidario, e todos os fondos que se recaden irán destinados á Federación galega de enfermidades raras e crónicas (Fegerec).

Mañá, día 18, será o último día para inscribirse. Polo momento son 18 os que realizarán os 203 quilómetros  e 17 os que percorrerán diferentes tramos da ruta. A ficha está dispoñible no Facebook da Asociación Camiño dos Faros e na web de Fegerec, na que tamén poden facerse efectivos os donativos. Os organizadores da carreira decidiron ?poñer á venda? 2.432 quilómetros ao prezo simbólico de 1 euro, e xa son moitos os que están vendidos.

O ultratrail arrincará o día 24, ás 24.00 horas, do porto de Malpica, e a chegada á meta, ubicada no Faro de Fisterra, está prevista para o sábado 26 ás 23.59 horas.

12Xul 2014

Malpica recupera Pintar na Rúa cun proxecto de embelecemento para o exterior do Centro Cívico

O luns comezará un obradoiro para nenos de 6 a 14 anos que será impartido polas artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi
540-f-foto

Malpica foi un concello pioneiro na Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados. Pero o proxecto Pintar na Rúa estaba durmido dende hai anos. Agora o Concello, a través da Concellería de Cultura, decide recupéralo coa primeira finalidade de embelecer o muro exterior do Centro Cívico. E serán os nenos e nenas do municipio os encargados de facelo.

 

O luns 14 comeza o obradoiro de manualidades Pintar na Rúa, que constará de 10 sesións e no que participarán nenos de 6 a 14 anos, divididos en dous grupos. Durante dúas semanas, de 11.00 a 12.45 horas, traballarán nun proxecto dirixido polas artistas Paula Fraile (Guadalajara) e Roberta Venanzi (Roma), que están a participar tamén no veciño municipio de Carballo na iniciativa Derrubando Muros con Pintura.

 

Os días de choiva as actividades artísticas trasladaranse ao interior do Centro Cívico, pero, se o tempo o permite, os nenos e nenas decorarán o muro exterior do edificio con motivos mariñeiros. Os interesados aínda están a tempo de inscribirse antes do comezo da actividade, aínda que só hai dez prazas para cada grupo.

 

Pintar na Rúa será o primeiro obradoiro deste mes de xullo. A partir do día 28, e ata o 8 de agosto, celebrarase o de danza moderna, que inclúe hip hop e model jazz.  Está previsto crear dous grupos de 12 alumnos, un para nenos e nenas de 6 a 10 anos e outro para os de 11 a 17. O prezo, coma no obradoiro de pintura, é de 11 euros, e o prazo de inscrición segue aberto ata o inicio da actividade.

 

11Xul 2014

Procedemento de selección de personal para formación dunha BOLSA DE TRABALLO, funcionario/a interino, Grupo C, Subgrupo C1, Escala : Administración Xeral e Subescala: Administrativo.

RESULTADO DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN
540-f-foto

A RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE RESULTARON APROBADOS NESTA PROBA, COAS CALIFICACIÓNS QUE DE SEGUIDO SE INDICA, SON OS QUE SEGUEN:

1. Cambón Veiga María Dolores:6,26 PUNTOS.

2. Espasandín Varela Iago:6,53 PUNTOS.

3. Fernández Muiño Susana:6,26 PUNTOS.

4. Fernádez Vila Iria:5,46 PUNTOS

5. Fra Martínez Ignacio:7,3 PUNTOS.

6. García Vázquez María Lourdes:6,63 PUNTOS.

7. Orro Arcay Elena: 8,4 PUNTOS.

 

Convócase, aos aspirantes superadores do primeiro exercicio, para a realización do 2º exercicio da Fase de oposición (proba práctica) indicada nas correspondentes Bases, que terán lugar ás 10:00 horas do día 17 de xullo de 2014 na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños).

 

Así mesmo se informa aos aspirantes convocados que a realización do 3º exercicio, correspondente á proba informática, terá lugar o mesmo día ( 17 de xullo de 2014), na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños), previsiblemente ás 11:30 horas.

 

O que se comunica, mediante a exposición deste anuncio no Tablón de anuncios do Concello e na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños), e na páxina web municipal.

 

 

Malpica de Bergantiños a 11 de xullo de 2014.

 

A SECRETARIA DO TRIBUNAL,

 

 

Asd. Mónica Pichel García

Página 119 de 149« Primera...102030...117118119120121...130140...Última »