Os espectáculos galegos máis laureados, na 12ª edición da Mostra de Teatro de Malpica
A XII Mostra de Teatro de Malpica, organizada pola Concellería de Educación, Cultura e Turismo coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, reunirá o mellor da escena galega ao longo de varias semanas. Os espectáculos máis laureados pasarán polo escenario do Centro Cívico a partir do día 4.
Este é o programa completo:
Venres 4 de novembro, ás 20.30 h
O día do pai. Malasombra
COMPAÑÍA GAÑADORA DA VALORACIÓN DO PÚBLICO NA XI MOSTRA DE TEATRO DE MALPICA 2015 E X MOSTRA DE TEATRO DE MALPICA 2014.
- Director: Marcos Orsi
- Actores: Alberto Rolán, Jouse García, Xoque Carbajal e Pablo Alvarado.
- Duración: 70 minutos
- Xénero: Comedia
- Público preferente: Adulto (maiores de 16 anos)
Venres 11 de novembro, ás 20.30 h
Noiteboa. Redrum Teatro
PREMIO MARÍA CASARES NO ANO 2016: Mellor Actriz Protagonista. Nominacións a Mellor Director e Mellor Texto Orixinal.
- Actores: Mela Casal, Ernesto Chao, Guilermo Carbajo
- Dirección – Alex Sampayo
- Duración: 75 minutos
- Xénero: Traxicomedia
- Público preferente: A partir de 12 anos
Venres 18 de novembro, ás 20.30 h
Fábula Galénica. Fantoches Baj (Produce Urdime)
VIII PREMIO BARRIGA VERDE DE TEXTO PARA TEATRO DE MONICREQUES. Modalidade Infantil.
- Duración: 50 minutos
- Xénero: Títeres de luva
- Público preferente: Público familiar. Recomendado para maiores de 5 anos.
Venres 25 de novembro, ás 20.30 h
Luppo. Baobab Teatro
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015
CANDIDATO aos Premios Max 2016 na categoría de “Mellor Autoría Teatral”
- Duración: 55 minutos
- Xénero: Monicreques e actores
- Público preferente: Familiar a partir de 4 anos
Venres 2 de nadal, ás 20.30 h
Perplexo. Il Maquinario Teatro
5 PREMIOS MARÍA CASARES NO ANO 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.
- Actores: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez
- Director: Tito Asorey
- Duración: 85 minutos
- Xénero: Comedia
- Público preferente: Adultos e rapaces/as a partir de 15 anos