Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 13°
Domingo 14°
Luns 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

7Dec 2022

A programación de Nadal do Concello de Malpica impulsa un Mercadiño de Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal

Mercadiño de Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal

O Mercadiño de  Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes e na que colabora a Xunta de Galicia a Deputación da Coruña, a Rede de Dinamización Lingüística, as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante e Rakelúa, levarase a cabo o 18 de decembro na Rúa Eduardo Vila Fano de Malpica.

A programación para o sábado é a seguinte:

  • 10.00: Apertura do mercado
  • 12.00: O Apalpador e os Moniftes
  • 17.00: Actuación do Mago Charlangas
  • 19.00: II Foliada de Cantos de Nadal na que actuarán as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante

Dende o Concello convidamos a todo o mundo a visitar o noso Mercado Artesán de Nadal para gozar destas festas.

5Dec 2022

As Alumnas e Amantis impregnaron de cultura teatral a fin de semana de Malpica

Dous espectáculos que portaron temáticas de interese actual da man das compañías de Cultura Activa e Rebordelos.

As conformacións teatrais de As Alumnas e Amantis estiveron venres e sábado no Concello de Malpica. Ambas actuacións atenderon a temáticas contemporáneas e de gran interese social. De tal modo,  un gran número de espectadores asistiron ao Centro Cívico para ver en directo os traballos destas compañías teatrais galegas.

Amantis presentou a súa comedia dramática, dirixida a adolescentes e adultos, a través da historia de M, un cativo de barrio obreiro. O rapaz quería ser influecer, dicía, pero tamén buscaba ser amado e aceptado polos demais. Porén, no camiño topou con adversidades dun unverso intanxible. A partir deste momento, M descobre que non todo é o que parece ser… nin sequera el mesmo. Esta obra de 65 minutos foi coordinada pola compañía Rebordelos, xa recoñecida polo Concello no 2021, pois foi gañadora con outra peza teatral ao premio do público da XVIII Mostra do Teatro de Malpica.

As Alumnas, pertencente á compañía de Culturactiva, realizou un teatro actoral cunha demanda de xustiza social e memoria histórica de trasfondo. Representan a historia dúas mulleres: Mónica Carballo e Anabell Gago. Ambas se reencontran no pasamento da súa mestra e, alí, comezan a rememorar o seu pasado dende a infancia, antes do estalido da Guerra Civil, ata os anos 70.  Este traballo, dirixido por Fina Calleja, tivo lugar no Centro Cívico de Malpica este venres 2 de decembro, cunha duración de 75 minutos, e a acollida dun público adulto.

Este venres, 9 de decembro, estará a comedia A parábola do angazo no Auditorio, pertencente a Producións Teatrais Talía. Terá unha duración dunha hora e haberá moitas risas, polo que non poden perder a oportunidade de asistir. Será a partir das 20:30h, como as anteriores, e trátase do último espectáculo do evento da XVIII Mostra de Teatro de Malpica.

Amantis
As Alumnas

5Dec 2022

Apertura da exposición “Mar de Ardora” a partir deste sábado

Apertura da exposición “Mar de Ardora” a partir deste sábado

A mostra de 16 fotografías, que recolle espectaculares fenómenos naturais, estará aberta ao público no Centro Cívico de Malpica.

A fotoxornalista Ana García realizou un traballo de documentación durante dous anos para rexistrar os fenómenos naturais máis destacados nas súas imaxes. Un deles é a chamada bioluminiscencia, un proceso que se crea froito dunha reacción química entre os organismos vivos e que produce luz na beira da auga. A labor da fotoxornalista incentívase trala incesante busca en combinar isto con outros fenómenos, como é o ariglow -luminiscencia norturna- ou coa caída da choiva de estrelas.

A inauguración da exposición será este sábado, 10 de decembro, ás 19.30h. Dende esa data, a compilación de fotografías permanecerá no Centro Cívico ata o 31 de decembro. Os horarios de visita están previstos durante a semana, de luns a venres, dende as 09.00h ás 20.00h.

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura, organiza esta exhibición do traballo de Ana García polo seu compromiso en amosar a beleza natural do Mar de Ardora e, asemade, da propia Costa da Morte.

30Nov 2022

Aberto o prazo para solicitar as axudas ás entidades culturais sen ánimo de lucro, ás entidades deportivas e ao fomento do deporte individual para o ano 2022.

No caso das entidades culturais, as subvencións están dirixidas a aquelas entidades tanto culturais como educativas sen ánimo de lucro dirixidas á formación e á promoción no campo de actividades como a música, a danza, o teatro e a maxia; tamén ás que están vinculadas coa literatura, a fotografía, o cine, as creación audiovisuais, a promoción da lingua galega…

Para poder beneficiarse delas deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións ou ter solicitada a súa inscrición e, ademais, non serán subvencionadas se xa recibiron algún outro tipo de axuda do Concello de Malpica.

O importe global das axudas é de 20.000€ e o prazo para solicitas as bonificacións remata en 15 días.

No referido ás axudas ao fomento do deporte individual, o prazo para pedilas remata en 10 días e a cantidade total máxima das subvencións convocadas é de 5.000 €.

Para poder beneficiarse dela é necesario estar rexistrado no Concello de Malpica cun mínimo de dous anos consecutivos de experiencia no momento da solicitude. Ademais, a persoa solicitante debe competir durante ese mesmo ano en probas ou eventos deportivos de importancia rexional, nacional ou internacional, entre outros requisitos. Ademais, ao igual que coas axudas ás entidades culturais, a persoa solicitante quedará excluída da convocatoria se xa recibiu outras axudas por parte do Concello de Malpica.

Por último, no caso das subvencións para o fomento das actividades deportivas das entidades deportivas do ano 2022, poderán recibilas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, asociacións de ámbito local con personalidade xurídica propia, asociación que desenvolvan as súas actividades no termo municipal…

Subvencionaranse os gastos derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores da entidade… entre outros.

O prazo para poder solicitalas remata en 10 días e a cantidade percibida non poderá ser superior ao 80% do presuposto de gastos. O importe global para as subvención será de 20.000€.

Calquera dos tres tipos de axudas pódense solicitar a través do Rexistro Electrónico do Concello de Malpica: https://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html

27Nov 2022

«Feminíssimas», a comedia feminista que arrasou en Malpica

O público gozou coa representación das actrices: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que interpretaron 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde de onte, sábado 26 de novembro, a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo .

O vindeiro venres, 2 de decembro,  (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra “Amantis”. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.  

23Nov 2022

Malpica reafirma a súa aposta pola Vía Céltica a través do inicio da sinalización do Camiño

  • O goberno local, a través da concellería de Patrimonio, deu comezo ás tarefas de sinalización da vía e programa para despois das festas de Nadal a presentación do paso da vía xacobea por Malpica.

Malpica, 23 de novembro de 2022 – O Concello de Malpica reforza a súa decidida aposta pola Vía Céltica mediante o inicio das tarefas de sinalización deste itinerario.

A Vía Céltica, recentemente incorporada como ruta oficial de peregrinación a Santiago de Compostela, permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostella.

Ademais, tamén anuncia un acto de presentación, previsto para despois do Nadal, do paso do Camiño polo municipio no que se promocionará ante peregrinos parte do patrimonio histórico e paisaxístico de Malpica.

A Concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do noso Concello con todos os peregrinos que transiten esta vía” e incide compromiso do Concello en “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza que ofrece Malpica”.

22Nov 2022

Asinada a acta de replanteo para as melloras de camiños municipais

Esta mañá asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras de melloras de camiños municipais de parcelas agrícolas: o camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e o camiño de Oratorio ao río de Vaa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, reuníronse coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras e posteriormente visitaron os camiños onde se realizarán as melloras. A empresa de mantemento forestal MG S.L será a encargada de realizar os traballos que contan cun orzamento de 64.358,69€.

22Nov 2022

O Concello de Malpica conmemorará o 25N coa proxección de un vídeo no que participan as asociacións da vila

O Concello de Malpica conmemorara este 25N o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa lectura do manifestó, as 12:00 horas diante do consistorio, e posteriormente visualizarase no salón de plenos un vídeo no que participaron as seguintes asociacións do Concello:

Clubs de fútbol Buño, Cerqueda masculino e feminino, Seaia, Malpica, Veteranos de Leiloio e Malpica Asociación Malante, Asociación Raigañas, Asociación Carcaxía, Club de Patinaxe Velúa, surf Malpica “One Surf Academy”, as Redeiras O Peirao, a Asociación do Cancro de Malpica, Asociación de Oleiros, a Asociación Visibles.

Dende o Concello recordamos a axuda que atoparán as vítimas nas canles oficiais e que poden chamar ao 016, ou poñerse en contacto coa concellaría de Igualdade do Concello de Malpica.

21Nov 2022

Asinada a acta de replanteo para o inicio das obras de mellora da vía na Rúa Ventorrillo.

Esta mañá asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras de reparación da Rúa Ventorrillo. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, reuníronse coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras e posteriormente visitaron a vía onde realizaranse as mesmas. As obras, que están incluídas no POS+2022,  serán realizadas pola  empresa López Cao S.L. O custo total da mesma é de 39.9930€.

Página 14 de 149« Primera...1213141516...203040...Última »