Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

5Feb 2023

O Concello de Malpica inicia melloras en diversas parroquias da vila

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou o acto de replánteo de varias obras que se van a executar no Concello financiadas co remanente de tesourería. Mellorarase a capa de rodadura nos camiños no lugar LUG- Pedreiriña cun investimento de 32.500 euros. Tamén se realizarán obras na parroquia de Leiloio que consisten na mellora da pavimentación da Predrosa á A Trémoa e a ampliación do saneamento no Vilar, por un costo de 42.600 euros. O Camiño de Pernes será mellorado cunha capa de rodadura, por un importe de 43.600 euros. Tamén se mellorarán os camiños en Bicerrán, na parroquia de Cerqueda, cun investimento de 48.000 euros.Todas as obras, que ascenden a un importe total de 166.700 euros, foron asignadas a Dámaso Ferreiro e Hijos.

13Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá un curso de autodefensa para mulleres en situacións violentas

A Concellería de Igualdade do Concello de Malpica organiza un curso de “AUTO DEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”, que se desenvolverá os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, no Centro Cívico. Os especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado serán os encargados en impartilo.

O curso realizarase de entre ás 16:30 a 20:30 horas ambas xornadas. As persoas interesadas en realizar estas actividade poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280

9Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá a presentación de Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica.

O evento levarase a cabo do vindeiro 14 de xaneiro ás 19.30 horas

O Concello de Malpica conta con tres itinerarios dos camiños de Santiago desde os portos da comarca de Bergantiños: o que parte desde a propia vila de Malpica en dirección a Buño; o que parte de Caión confluíndo co anterior en Buño; e o que parte de Barizo confluíndo en Ponte Dona cos dous anteriores, continuando por Castriz e Carboeiro ata Portomouro e Santiago. Para por en valor o rico acervo histórico que representan estes camiños así como as súas potencialidades para a integración e desenvolvemento da economía municipal, a Concellería de Patrimonio que dirixe Noelia Freijeiro, organiza a presentación de “Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica, que se levará a cabo o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

3Xan 2023

A igrexa de Santiago de Mens acollerá a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños”

O Concello de Malpica segue a apostar pola cultura e prepara a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños” de Juan Félix Neira Pérez, que se levará a cabo do vindeiro 7 de xaneiro ás 19.00 horas, na igrexa de Santiago de Mens.

No acto intervirá o autor do libro, Juan Félix Neira Pérez; Ana María Romero Masiá, arqueóloga e investigadora; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Patrimonio e Deportes e Xosé Manuel Varela, director da colección “Costa da Morte”.

A demais os asistentes poderán gozar da visita guiada polo interior da igrexa románica de Santiago de Mens.

3Xan 2023

Inaugurada a exposición das imaxes gañadoras do “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios”

A mostra poderase visitar no Centro Cívico de Malpica ata o vindeiro 15

de xaneiro

A exposición “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios” xa se pode
visitar logo de que esta tarde quedase inaugurada.
No acto estivo presente o Alcalde Malpica, Eduardo Parga Veiga, Noelia
Freijeiro, concelleira de Cultura, Miguel Ángel Fernández, concelleiro de
Obras e o promotor da exposición Pedro Tasende. Eduardo Parga
agradeceu a xentileza do autor “por achegarnos esta exposición que é
unha das múltiples actividades que se veñen desenvolvendo dende o
proxecto Rimartes co obxecto de promover o turismo sostible e poñer
en valor o enorme patrimonio subacuático da Costa Galega dende
Bergondo ata a Ría de Muros-Noia”.
A exposición, conformada por 20 obras, son unha selección de imaxes
que nos lembran o vínculo dos naufraxios con enclaves naturais,
construcións civís, áncoras ou faros; unha exposición que pon en valor o
enorme patrimonio subacuático da nosa costa e que se poderá ver ata o
15 de xaneiro.

29Dec 2022

O Concello de Malpica renova o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte


Hoxe 29 de decembro celebrouse na Deputación da Coruña a sinatura da renovación do convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica para a xestión integral do Ecomuseo Forno do Forte en Buño cuxa vixencia entrará en vigor dende o 1 de xaneiro do 2023 ata o 31 de marzo do 2024 por un importe de 70.000€
O convenio foi asinado polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado Patrimonio Provincial e Equipamento, Xosé Luís Penas.

25Dec 2022

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, felicita o Nadal á veciñanza cun vídeo a través das redes sociais.

O alcalde de #Malpica, Eduardo Parga, envía unha calorosa felicitación de #Nadal á veciñanza, desexándolles principalmente felicidade e saúde, porque non esquece o rexedor a dura pegada que supuxo a pandemia. O rexedor destacou o traballo realizado ao longo de 2022 “por recuperarnos da crise que estamos pasando. Estes dous últimos anos deixáronnos tarefas pendentes, hai que construír todo o que perdemos despois do 2020 e loitar por deixarlle un bo futuro aos que veñen detrás nosa”, precisou.O alcalde está convencido de que Papá Noel e os Reis Magos cumprirán os desexos dos máis cativos pero lembroulles que “se non vos traen todo o que pedides nas vosas cartas é porque teñen que repartir entre todos os nenos e nenas do mundo”.#Eduardo Parga fixo unha mención especial a aqueles que non están con nós para celebrar estas festas. “Non nos esquecemos de tódolos aqueles que xa non nos acompañan, desas persoas que deixaron un gran oco. Hoxe máis que nunca lembrámonos deles para que continúen sempre ao noso carón. Os recordos son o regalo máis valioso que temos na vida”. O rexedor rematou a súa felicitación asegurándolle á veciñanza que continúa a traballar por eles e que “xuntos somos máis fortes. Feliz #Noiteboa e Feliz #Nadal, #Malpica

Ligazón para ver o vídeo https://fb.watch/hEsWLTbUFU/

18Dec 2022

Exitosa exhibición de patinaxe artístico

O pavillón de Malpica acolleu unha exhibición de patinaxe organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Malpica en colaboración co Club Patín Velúa, na que participaron sesenta nenos e nenas.

Os participantes puxeron todo seu saber sobre os patíns ante un numeroso público que non quixo perderse a exhibición dos/as deportistas.

Deporte e arte sobre as 4 rodas, representado polos nenos e nenas do Club Patín Velúa e da EMEF. Ao finalizar o evento o concelleiro Miguel Ángel Fernández Mirás e a concelleira Noelia Freijeiro entregaron uns agasallos a todos e todas as/os participantes.

Moitos parabéns e a seguir gozando dun deporte tan fermoso! Moitas grazas atamén ós monitores pola vosa entrega e agarimo cos participantes.

Página 12 de 148« Primera...1011121314...203040...Última »