Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. “Vida de cans” pechou a 17ª Mostra de Teatro do Concello de Malpica

11Dec 2021

“Vida de cans” pechou a 17ª Mostra de Teatro do Concello de Malpica

Foron nove as representacións levadas a cabo dende finais de outubro

A 17ª Mostra de Teatro do Concello de Malpica chegou este venres á súa fin logo de nove representacións dende finais de outubro. A última que acolleu o auditorio do Centro Cívico de Malpica en horario de tarde-noite foi “Vida de cans”, de Talía Teatro; unha comedia, para público adulto como preferente, que durou 70 minutos. Compuxeron o elenco Toño Casais e Dani e Artur Trillo; autoría e dirección da obra, de Cándido Pazó.

Tres actores fixeron de cans, sen deixar de ser actores, nun recinto, ben tratados, pero recluídos, coa liberdade fóra. Cada un afrontou o conflito segundo a súa personalidade, e todo derivou nunha traxedia que nunca deixou de ser comedia.

Moitas grazas ós asistentes, ás compañías e á Deputación da Coruña por apoiar esta iniciativa. Longa vida ó teatro! Esperamos volver a atoparnos para o ano.