Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 17°
11°
Sábado 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica garda un minuto de silencio polas vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo

16Feb 2022

O Concello de Malpica garda un minuto de silencio polas vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo

Membros da corporación do Concello de Malpica, funcionarios e distintas asociacións gardaron hoxe un minuto de silencio en homenaxe ós mariñeiros vítimas do naufraxio Villa de Pitanxo.

O concello únese o loito oficial decretado e transmite ás súas condolencias a todas as familias e amigos afectados por esta traxedia no mar.

O buque pesqueiro con sede en Marín, con 24 tripulantes, afundiuse na madrugada do martes nas augas canadienses de Terranova. Os equipos de rescate continúan traballando na zona con obxectivo de localizar a todos os integrantes da tripulación.