Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica de Bergantiños a través da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes súmase á convocatoria da Fundación Rosalía de Castro para celebrar o día dedicado á poeta, a través de dúas iniciativas

15Feb 2022

O Concello de Malpica de Bergantiños a través da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes súmase á convocatoria da Fundación Rosalía de Castro para celebrar o día dedicado á poeta, a través de dúas iniciativas

Caldo de Gloria

Convidamos a todos os establecementos de hostalería de Malpica a celebrar o Día de Rosalía de Castro servindo de pincho,  nos viños do mediodía e da noite un Caldo de Gloria (segundo da receita que a poeta describe no poema “Miña terra, me lar).

Hai uns días se enviou unha comunicación a todos os locais de hostalería indicando os teléfonos e/ou mail para anotarse. Se algún local mais, desexa inscribirse nesta actividade, aínda pode facelo, ata o mércores día 16 de febreiro ás 14.00 horas no mail auditoriodemalpica@gmail.com ou no teléfono 981 707 104 (9.00 a 14.00).

A Fundación Rosalía de Castro, en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños, distribuirá a todos os locais participantes, carteis,  manteis de papel conmemorativos co poema Miña casiña, meu lar e varias receitas para elaborar o Caldo de Gloria.

Alborada para Rosalía

Tamén queremos sumarnos á Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiter@s Galeg@s a todas e todos as/os gaiteiras/os e músicos do noso concello para dar unha alborada de gloria na honra da poeta, a partir do 19 de febreiro, polas rúas, camiños, prazas e lugares do Concello, interpretando Alborada para Rosalía e/ou outras pezas e compartilas nas redes sociais.

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes está a traballar para que o día 23 de febreiro, no Concello de Malpica, tamén poidamos desfrutar dunha Alborada de Gloria, entre outras, coa peza Alborada para Rosalía.