Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica, a través da Deputación, destinou máis de 17.000 euros para a contratación da brigada de limpeza de praias no 2021

26Out 2021

O Concello de Malpica, a través da Deputación, destinou máis de 17.000 euros para a contratación da brigada de limpeza de praias no 2021

O Concello de Malpica, a través da Deputación da Coruña, destinou 17.297 euros para a contratación da brigada de limpeza de praias durante a tempada estival do ano 2021

A brigada de limpeza de praias estivo composta por 8 peóns e estivo operativa do 23 de xuño ata o 6 de setembro de 2021.

Esta actuou en tódalas praias do Concello de Malpica: Area Maior, Canido, Seaia, Beo, Seiruga, Barizo, Riás, San Miro e As Torradas.

Malpica é un dos principais destinos turísticos da Costa da Morte sendo beneficiarios desta brigada de limpeza de praias todos os veciños e veciñas do Concello, os visitantes e turistas que nos honraron coa súa presenza durante a tempada estival e que puideron contemplar a excelencia das nosas praias e a súa protección medioambiental.