Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 21°
16°
Xoves 21°
17°
Venres 21°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica acollerá a III Xuntanza de Maiores o vindeiro 3 de maio

4Abr 2025

Malpica acollerá a III Xuntanza de Maiores o vindeiro 3 de maio

O Concello de Malpica de Bergantiños celebrará o próximo 3 de maio de 2025 a III Xuntanza de Maiores, unha cita xa consolidada no calendario local que reunirá ás persoas maiores do municipio nun ambiente de festa, convivencia e música en directo.

O encontro terá lugar no campo da festa de Seaia a partir das 13:00 horas, e contará coa actuación musical do Trío Rosel, que amenizará unha xornada pensada para o desfrute dos asistentes.

O menú, cun prezo de 20 euros por persoa, incluirá pratos típicos da gastronomía galega como empanada, polbo á feira e carne asada, ademais de bebidas, sobremesa e café.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición entre o 21 e o 30 de abril, ou ata completar o aforo, no Departamento de Cultura do Centro Cívico de Malpica. As prazas son limitas por rigurosa orde de inscrición.