Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 17°
Mércores 16°
12°
Xoves 15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Trinta voluntarios participaron na xornada de limpeza das praias de Malpica

13Xan 2024

Trinta voluntarios participaron na xornada de limpeza das praias de Malpica

O Concello de Malpica implementa novidades na maquinaria de limpeza das praias para abordar de maneira efectiva a recollida de granulados.

Á máquina cambióuselle o cepillo e o tamiz e na cuba de recollida de residuos meteuse auga para que floten as boliñas de plástico.

Durante os traballos, dous operarios irán na parte traseira separando os residuos das algas.

Ao rematar a recollida, as algas e a area volven ser depositadas na praia para non danar o ecosistema. Estes traballos, que comezarán o luns 15 de xaneiro, van máis aló ao incluír a recollida de diversos residuos, como plásticos e micro plásticos, cabichas, tapóns, latas, cristais, e outros elementos contaminantes.

Durante a mañá, diversos grupos colaboraron na limpeza de granulados e outros residuos en Area Maior, Seiruga e As Torradas. Pola tarde, a limpeza realizouse na praia de Beo, con membros de Senda Nova sumándose á iniciativa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto co concelleiro de Obras e Seguridade, Miguel Ángel Fernández, e o concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, participaron activamente nesta xornada de limpeza, acompañados por membros de Protección Civil de Malpica. Tamén queremos agradecer aos membros da escola de surf One Surf Academy a súa colaboración nesta xornada. O Concello de Malpica quere agradecer a todas as persoas que participan activamente na limpeza dos areais.