10Dec 2021
O 2022 traerá consigo máis campañas para fomentar as compras na vila
Organiza a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio de Malpica segue a traballar en novas iniciativas de cara ao ano que vén para fomentar a compra na hostalaría, o comercio e a alimentación e contribuír, así, a dinamizar a vila.
Dende o departamento recordamos que veñen datas de gran importancia para os negocios da localidade coa campaña de Nadal. Dende o consistorio animámosvos a mercar en Malpica para apoiar ó sector. Son varios os motivos:
✅ Son os nosos veciños
✅Xeran emprego no noso pobo
✅Ofrecen unha atención persoal, próxima e profesional
✅Venden produtos de calidade da nosa terra
✅Participan nas actividades da localidade
Apoia a economía local, merca en Malpica.