22Mar 2022
Detectados 18 casos de covid no Concello de Malpica a 22 de marzo
Os últimos datos mostran un lixeiro incremento con 6 casos máis que o 15 de marzo
O Concello de Malpica informa que, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde, a martes, 22 de marzo o municipio rexistra 18 casos de covid-19. Unha cifra que mostra un lixeiro incremento respecto da incidencia comunicada o pasado 15 de marzo.
O consistorio lembra a todos os veciños e veciñas, que maila melloría dos datos, é importante respectar a normativa vixente e manter a prudencia para retomar a tendencia descendente dos contaxios.