Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 14°
11°
Luns 14°
10°
Martes 18°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

5Out 2022

O V Torneo Concello Malpica e IV Memorial Ángel Rubio repartirá 800 euros en premios

O prazo para inscribirse nesta competición de xadrez permanecerá aberto ata o venres.

Os amantes do xadrez teñen unha cita en Malpica o próximo sábado 8 de outubro. O Pavillón Municipal da vila acollerá ás 16.00h o V Torneo Concello Malpica (IV Memorial Ángel rubio) organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración coa Deputación da Coruña, a Olería de Buño e Frutas Fondo S.L.

O Concello de Malpica patrocina este evento deportivo que será válido para o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña e tamén para o ELO FIDE de xadrez rápido.

Segundo o número de xogadores que participen haberá entre 7 e 8 rondas de 10 minutos cada unha e un incremento de 3” por cada xogada. En total repartiranse uns 800€ en premios. Poden obter máis información sobre as bases do torneo na web pokeryajedrez.com.

Aquelas persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo electrónico a pokeryajedrez@gmail.com. O prazo para solicitar praza remata o venres 7 de outubro.

17Set 2022

O Concello de Malpica saca a licitación o contrato para suministrar o Centro de Día de mobiliaario

O contrato terá un valor de 30.220,56€

O Concello de Malpica vai equipar o Centro de Día cunha sala de curas, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha recepción, despachos, comedor e outros mobles.
Para iso, sacou a licitación un contrato para o suministro de mobiliario e equipamento por un valor de 30.220,56€ (IVE incluído). O prazo de entrega será de dous meses a partir do día da firma do contrato.

13Set 2022

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo consolidan a súa irmandade

O Concello de Malpica viaxou con algúns veciños do pobo ata o municipio toledano de Malpica de Tajo para afianzar os lazos que os unen. Despois de moitos intentos e atrasos motivados por diferentes cuestións, entre elas, a pandemia, levouse a cabo un feito polo que o tenente alcalde, Alfredo Cañizo, leva loitando desde hai anos.Arredor de 2.000 persoas asistiron onte a un acto moi importante no que o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, e o alcalde de Malpica de Tajo, Santiago Huertas, asinaron unha carta na que se comprometeron a favorecer a creación de lazos de amizade entre os dous pobos, a dialogar e intercambiar experiencias, a promover o intercambio entre veciños para desenvolver o sentimento de fraternidade e a promover os valores universais que constitúen a liberdade, a democracia, a igualdade e o Estado de dereito.Eduardo Parga explicaba con ledicia que estaba “cheo de orgullo de ter a oportunidade de coñecer Malpica de Tajo, un pobo ao que xa sentimos como Irmán”, e aseguraba, “os mais de 700 km que separan ambos concellos non son nada comparado con todo aquilo que nos une, o sentimento de pertenza á nosa cultura, terra e forma de ver a vida”. Parga agradeceu a asistencia a todos os que estiveron presentes “nun día histórico”.O alcalde de Malpica de Tajo, Santiago Huertas, iniciaba feliz o seu discurso falando das “dúas Malpicas máis importantes de España”, que onte, 3 de setembro, “afianzaban a súa irmandande para coñecerse e confraternizar”. Huertas agarda que coa sinatura da carta, “se favoreza á creación de lazos de amizade e que os pobos se acheguen máis para crear proxectos de acción e progreso”.O tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, é realmente o que leva moito tempo loitando para que se asinase a irmandade de maneira oficial. O tenente alcalde pronunciou un discurso moi emocionado no que recordou a Jesús Cedena, ex alcalde de Malpica de Tajo, que faleceu recentemente e que segundo conta Cañizo, “foi o primeiro contacto con este pobo”. Cañizo está moi agradecido a un pobo “bonito, acolledor e que ten artesanía de Buño por todas partes porque sempre lle traio algún recordo”.No acto estiveron presentes tamén o alcalde de Bernuy, Rafael Machín, o alcalde de San Martín, o ex alcalde de Malpica de Tajo, Mario Cruz, o tenente alcalde, Alfredo Cañizo, a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, o concelleiro de obras, Miguel Fernández, o delegado da Xunta e a vicepresidenta da Deputación de Toledo e outras personalidades.Tralos discursos, houbo un intercambio de bastóns e de bandeiras e asinouse a irmandade. Tamén houbo unha degustación de comida tradicional e unha demostración de baile: por unha banda, o folclore da zona de Toledo, da man de Aires de Ronda, e, por outra banda, amenizaron a xornada os gaiteiros coruñeses da Asociación Donaire.

18Ago 2022

A música galega volverá a ser a protagonista en Malpica coa nova edición da “Festa Galega”.

Malpica será o epicentro da música galega durante o venres 18 e o sábado 19 de agosto cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os día 18, 19 20 e 21 celebraremos o Mercado Medieval Mariñeiro con múltiples actividades coma soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras.
A Festa Galega comezará o venres día 19 e contaremos coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas teremos a The Cerne Revival Band.
O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte, e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores deleitaranos coa súa fermosa
música.

18Ago 2022

O Concello de Malpica comezará coas melloras dos viales da estrada Campelo a Barizo, o Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Rexeira.


A inversión total será de 109.419,9, financiados pola Deputación da Coruña.

As actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos) xa están en marcha. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro, Miguel Fernández Mirás, desplazaronse para facer o seguimento das obras que van a comezar. Trátase da mellora da estrada Campelo-Barizo. Unha obra incluída na 1º fase do post adicional 2/2021 e adxudicada á empresa López
Cao por un importe total de 36.469.40€. Tamén visitaron o lugar onde se mellorará a capa de rodadura do Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Raxeira. Obras incluídas na 1º fase do pos adicional 2/2021 adxudicada a López Cao por un importe total de 72.950,90.

15Ago 2022

A Travesía Sisargas volveu a ser un éxito.

A XII Travesía Sisargas de #Malpica encheu Malpica de deporte e diversión nunha xornada que xa se converte en tradición anual.Múltiples persoas achegáronse á Praia Area Maior de Malpica para animar aos deportistas.Os premios foron entregados por Eduardo Parga, alcalde de Malpica, Miguel Ángel Fernández, concelleiro, Noelia Freijerio, concelleira de Deportes, Pedro Pérez, patrón maior da Confraría de Malpica e Carlos Touriño, presidente da Federación Galega de Natación e Andrés Carrera, vocal da Federación Galega de Natación.

Clasificacións:

Travesía 1000 metros

Feminino Irea Alén, Sara Fernández, María González

Masculino: Manuel Souto, Aritz González, Pablo Gómez

Travesía 2.500 metros

Feminino: Lucía Villarnovo, Alba Gómez, Inés Borge.

Masculino: Mateo García, Marcos Martínez, Darío Pérez

Travesía 4.200 metros

Feminino: Nerea Alvite, Alicia Gómez, Julia Chamosa

Masculino: Mario Méndez, Puga Lucas, Costa Marcos del Río

No acto tamén houbo un aplauso en lembranza das perosas que xa non están connosco: Pedro Gambón, organizador da 1ª Travesía Illas Sisargas, Genaro Amigo, patrón maior e dos deportistas Antonio Gómez Reino, Pedro Manuel Alonso, e Roberto García Pazos. O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén estiveron implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, , protección civil de Malpica, a Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil.Un evento patrocinado por Desarrolla, Duacode, Saunier Duval, Galicia Calidade, Cabreiroá, e no que colaboraron Buceo Malpica, Restaurante Material, Area Chill Out, e os barcos Adrina, Castelao e Pasa Aquí.Moitas grazas a todos os participantes e parabéns ós gañadores.

15Ago 2022

O Concello de Malpica comenza o reparto de agua polas parroquias

Hoxe comezarase co reparto de agua polas parroquias nos seguintes lugares e horas:

10.00h a 11.00h Seaia.

11.00h ás 12.00 Barizo

12.00h ás 13.00h Campo da Festa de Mens.

10.00h ás 11.00h Campo da Festa de Cerqueda

11.00h ás 12.00h Nas escolas unitarias de Beo e xunto a igrexa en Santirso.

12.00h ás 13.00h Casa dos Veciños en Leiloio.

16.00h ás 17.00h Campo da festa en cambre xunto a igrexa.

282822 comentarios57 veces compartidaMe gustaComentarCompartir

29Xul 2022

A XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño: Un paseo polo corazón da olería

Dende o 4 ata 7 de agosto celebrase a XXXVIII Edición da Mostra de Olería de Buño

A Mostra de Olería de Buño, volta un ano máis, e farao dende o xoves día 4 ata o domingo 7 de agosto, en Buño, conservando a esencia da mostra, combinando tradición, modernidade e grandes doses de novidades.

Un amplo programa de actividades posto en marcha polo Concello de Malpica xunto cos oleiros de Buño que ten como obxectivo a posta en valor deste oficio, marcan a cita con este evento cultural de gran relevancia artesanal.

Nesta 38.ª Edición, que terá lugar a súa inauguración as 12:00 horas o xoves 4 de agosto. Con posterioridade inaugurarase a exposición de carteis “ A mostra no Tempo”. Unha demostración no torno, e o peche das casetas as 14:00 horas dará por finalizada a mañá deste primeiro día. As 17:00 horas volta a apertura das casetas ata chegadas as 21:00 horas, namentres, obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas e contacontos, amenizaran a tarde.

O venres 5 de agosto abriranse as casetas ás 11:00 ata as 21:00 horas cun pequeno receso dende as 14:00 ata as 17:00 horas. Seguirán as demostracións no torno na praza de Santa Xusta ás 13:00 e as 19:00 horas, obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas, charanga, e un obradoiro infantil, conformarán esta nova tarde que ademais contará coa presentación do libro “Buño de Seu” da autora María Barca ás 20:15 horas. O día rematará coa actuación musical “Tres soles del Paraguay” con Sito Sedes, ás 23:00 horas.

O día nomeado como “Báilalle a roda” será o sábado 6, un dos máis completos de todo o programa, que comezará as 10:00 horas da mañá, coa ruta Olería de Buño a cargo de Volta Montana. A Mostra permanecerá aberta en horario ininterrumpido ata as 22.00 horas, do mesmo xeito que continúan as demostracións no torno, obradoiros de modelaxe de pezas, e a presentación dun libro, do autor Xosé María Varela Varela. As novidades serán os obradoiros de baile tradicional, tanto de mañá como de tarde. O día dividirao unha sesión vermú da man de Ailá e pecharao unha gran queimada popular e os fogos de artificio ás 01.00 horas.

Ademais, contaran con emisión en directo, a través da emisora de radio, Novahit ós días 5 e 6 de agosto, dende as 10:00 ata as 21:00  horas

O domingo día 7 de agosto, o fútbol tamén terá o seu lugar no torneo de fútbol feminino “Mostra de Olería”, a mañá virá seguida de demostracións no torno e unha representación teatral-musical. De novo unha sesión vermú amenizará Buño arredor das 14:00 horas.

A tarde do último día volve a comezar con fútbol, desta vez co torneo masculino. Xogos tradicionais de Buño con barro,  demostracións no torno e pasarrúas amenizaran a tarde, ata o seu peche as 21:00 horas, coincidindo coa clausura da Mostra da olería de Buño.

27Xul 2022

A 2º edición do evento “Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia” estará o 31 de xullo no Paseo Marítimo de Malpica

O evento trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.

O mercado poderase visitar en horario de 11.00 á 20.00.

Unha actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.