Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 19°
16°
Luns 18°
15°
Martes 19°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

1Set 2022

O Concello de Malpica acolle o taller de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia

As clases comezan a finais deste mes e rematan a mediados de outubro

O ISSGA da concellería de Malpica organiza o Taller de Prevención de Riscos Laborais en Tarefas a Domicilio e Atención á Dependencia. As clases Terán lugar no O Centro de Artesanía e Tradición de Buño os días 24 de setembro e 1,8 e 15 de outubro en horario de 10.00h a 14.00h.
Os interesados e interesadas xa poden inscribirse chamando ao 981 720 280. As prazas son limitadas e terán preferencia aquelas persoas que están en activo como auxiliar a domicilio e tamén a xente do concello. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 15 de setembro.

1Set 2022

O Concello de Malpica oferta un obradoiro para aprender a manexar dispositivos dixitais

As clases impartiranse no mes de outubro tanto en Buño como en Malpica

O uso das novas tecnoloxías está a orde do día e por iso o Concello de Malpica organiza un obradoiro para que todo o mundo poida gozar das vantaxes que nos ofrecen os dispositivos dixitais (móbiles, ordenadores, tabletas…) como facer xestións administrativas en liña ou navegar pola rede.

O taller terá lugar os días 13, 18, 20, 25 e 27 de outubro e vaise impartir en dúas quendas: a primeira será de 9.30h a 11.15h na aula de música do Centro Cívico de Malpica e a segunda, de 11.30h a 13.15h en Buño, na aula de informática na Casa do Oleiro.

Os interesados e interesadas nesta actividade poden reservar praza no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 720 280. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

1Set 2022

O Obradoiro de Risoterapia chega este mes a Malpica

É de balde e terá lugar no Auditorio do Centro Cívico en horario de tarde

A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Malpica organiza un Obradoiro de Risoterapia para axudarlle á cidadanía a xestionar a dor, o estrés e os sentimentos negativos a través da risa e o humor.
As clases son gratuítas e serán os días 13, 15, 20 e 22 de setembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica en horario de tarde (De 18.00h a 20.15h).
Os interesados en participar nesta iniciativa, na que se farán xogos e exercicios de risa, entre outras actividades, xa poden reservar a súa praza acudindo ao departamento de Servizos Sociais de Malpica ou chamando ao teléfono 981 720 280. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

31Ago 2022

O Concello de Malpica organiza “Gran Paellada Popular”

A Concellaría de Igualdade de Malpica prepara para este sábado, día 3 de setembro, unha gran paella popular de balde.
Será a partir das 13.00 horas no pavillón do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero de Buño e contará con música en directo coas actuacións da Charanga de Carmiña e o DJ Frank Stone.
É unha cita a favor da igualdade, a unidade veciñal e en contra da violencia de xénero.
As bebidas non estarán incluídas e haberá servizo de catering a parte, baixo previo pago, para as persoas que non queiran paella.
A empresa encargada da comida será Integra, de Carballo, un centro ocupacional de emprego que lles dá unha oportunidade de traballo á xente con minusvalía.
Os e as interesados/as poden anotarse no teléfono 981 72 02 80 ata o venres ás 13.00. As prazas son limitadas.

.

26Ago 2022

Os nenos e nenas que elaboraron “Sáhara” recibe o Primeiro Premio na categoría Amateur do XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area

Os trofeos do concurso foron feitos a man polos oleiros de Buño


Esta mañá celebrouse na Praia de Area Maior o XXI Concurso de Barcanas e Castelos de Area.
Ao final do evento e tras a votación do público, diferentes personalidades do municipio repartíronlle os galardóns aos premiados. Cabe destacar que os trofeos foron un encargo especial por parte do Concello aos oleiros de Buño, posto que a olería é patrimonio do
Concello de Malpica de Bergantiños.
Na categoría Infantil de barcanas, recibiu o Premio Infantil o grupo número 1, “Excursión polo mar”. O trofeo foi entregado pola presidenta de Amas de Casa de Malpica, Carmen Trigo.
Nuria Loureiro, en representación das atadoras Mar da Illa, entregoulle o Premio Especial á Mellor Barcana ao grupo 12, “A Barca dos Malpicáns”.
O grupo 4, “A Fortaleza Fantástica” recibiu o Premio Especial do Público. Neste caso foi o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o encargado de entregarllo.
Na categoría Amateur, os premiados co Terceiro Premio foron os membros do grupo 3, “Libro Máxico”. O concelleiro de Obras, Miguel Fernández, deulles un trofeo feito polos oleiros de buño e un vale de 50 €.
O Segundo Premio tocoulle entrégalo á concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro. Os integrantes do grupo número 7, “Futbolín”, fixéronse cun trofeo feito polos oleiros de Buño e un vale de 70 euros.
Por último, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, entregoulle o Primeiro Premio ao grupo 15, “Sáhara”. Parga fíxolles entrega dun trofeo da olería de Buño e un vale de 130 € por ser a figura con mellor calidade técnica: nela podíase ver uns hipopótamos saíndo da auga.
Os vales dos gañadores son válidos para trocar nos comercios do Concello de Malpica.

Ao final do evento Eduardo Parga, Miguel Fernández e Noelia Freijeiro entregaron agasallos a todos os participantes do evento.

Os nenos e nenas gañadores do primeiro premio coa súa obra “Sáhara”
Os nenos e nenas gañadores do primeiro premio coa súa obra “Futbolín”
Os nenos e nenas gañadores do terceiro premio coa súa obra “Libro Máxico”

Os nenos e nenas gañadores do premio do público coa súa obra “A Fortaleza Fantástica”

Os nenos e nenas gañadores do premio infantil coa súa obra “Excursión polo mar”

26Ago 2022

O Concello de Malpica organiza unha viaxe a Malpica de Tajo, en Toledo, para afianzar a súa irmandade.

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas xerais do consistorio antes do próximo martes 30 de agosto.

Hai varios anos o Concello de Malpica acordou a irmandade co seu homólogo toledano Malpica de Tajo. Para non perder eses lazos, a concellaría de Turismo organiza a próxima semana unha viaxe ata alí, onde hai varios actos programados para celebrar esa irmandade.

A viaxe será do 1 ao 4 de setembro. O bus sairá o xoves 1 a primeira hora da mañá con destino Malpica de Tajo (Toledo). O venres (2 de setembro) está prevista unha excursión a Toledo. Xa o sábado (3 de setembro) terán lugar os actos de celebración da irmandade entre Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo. O domingo (4 de setembro) poderán visitar a cidade de Ávila pola mañá e, xa pola tarde, o autobús partirá cara Galicia.

Todas as persoas que queiran apuntarse poden facelo nas oficinas xerais do Concello antes do martes 30 de agosto. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

A viaxe ten un custo de 170 euros e inclúe: o traslado en autobús (Autocares Pedro Pombo), os almorzos do 1 e 4 de setembro; o día 2 en Toledo: a entrada ó tren turístico, a entrada ó Parque Puy du Fou e o almorzo e, por último, o seguro de asistencia en viaxe.

Para obter máis información poden chamar ao 981 72 03 19 ou 981 72 00 01.

25Ago 2022

As grandes Festas do Mar comezan hoxe

Tes por diante catro días de agosto en Malpica que, de seguro, serán inesquecibles.
Chegan as Festas do Mar con un brillante cartel que incorpora propostas para todos os públicos!
Tributo á mítica banda británica de rock Queen, actuación da mellor orquestra canaria El Combo Dominicano, as letras do soado cantante latino Dasoul e moito máis! As discotecas móbiles de moda, os pinchadiscos máis demandados, pregón, gaitas, malabares, charangas…
As actividades previstas son infinitas! Grupos, dúos, corais, batucadas, fogos artificiais e, por suposto, a procesión marítima!! Consulta toda a oferta!
Dende o Concello queremos agradecer e facer visible o gran traballo e esforzo que realiza a comisión de festas ACD Mallas de Area. Colabora a Concellaría de Turismo e Festexos

25Ago 2022

Bando do Municipal

Don EDUARDO J. PARGA  VEIGA, SR. Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)


INFORMA:
Ós/ás veciños/as que segundo as analíticas realizadas confírmase a ausencia de trihalometanos e cumprimento dos parámetros establecidos por Sanidade na auga da REDE MUNICIPAL , polo que É APTA PARA CONSUMO HUMANO na distribución que afecta ao depósito de PEDRAQUEIMADA que dá servizo aos seguintes zonas:
• MALPICA (núcleo)
• BEO
• CAMUZA
• CANCELA DE AREAS
• PEDREIRIÑA
• PONTELLA
• SEAIA
• SORRíO
• VIGO
• A VISTA
• OS MEDROS
• CAMARADA
O que se fai público para coñecemento xeral á espera dos resultados para o resto das zonas afectadas polas restricións impostas con anterioridade.

22Ago 2022

A praia de area maior preparase por vixesimoprimeira vez para recibir “artistas da area” de todas as idades.

O venres 26 de agosto celebrase a XXI concurso de Barcanas e castelos de area, na paria de Area Maior de Malpica

Como xa vendo sendo habitual no previo ao comezo das festa do mar de Malpica, celébrase o Concurso de Barcanas y Castelos de Area. A deste ano vai ser xa a a súa XXI edición que se vai a celebrar na Praia de Area Maior.

Dende o día 22 ata o propio día do concurso, o venres 26 de agosto pódense realizar as inscricións nos horarios e puntos habilitados polo concello de Malpica.

No Departamento de Educación e Cultura, no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, en horario de 9.00 a 14.00 horas do 22 ao 25 de agosto e o mesmo día do concurso, o venres 26 de agosto, de 10.00 a 10.30, na praia de Area Maior de Malpica.

A cita será o venres 26 de agosto na Praia de area maior de Malpica, dende as 10:30 horas. O remate dos traballos na Praia serán as 13:00 horas e 13: 30 horas daranse as votación e a entrega de premios, os cales serán uns seis.

Só se poderá participar con unha obra, sexa de xeito individual ou en grupo, os cales non poderán estar formados por máis de 10 participantes.

Haberá catro modalidades, en relación coa idade, ou a modalidade da peza. Amateur, premio especial do público, barcanas e infantil.

As persoas participantes só utilizarán area e auga, para a súas composición, posto que non está permitido o uso de produto para fixar as construcións. As persoas concursantes sí se lles deixa facer uso de ferramentas propias como as pas, caldeiros, difusores de auga, pero estes elementos, en ningún caso, poderán formar parte da obra.

Página 24 de 155« Primera...10...2223242526...304050...Última »