O sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, Malpica de Bergantiños volve acoller unha das citas literarias máis queridas a Cea das Letras 2025. A Casa do Pescador será o escenario dun encontro que combina literatura e poesía. Durante o acto celebrarase o fallo do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, un dos eventos máis singulares do panorama literario galego. A continuación, terá lugar a tradicional cea, un momento perfecto para compartir conversa e celebrar as letras arredor da mesa.O prezo da cea é de 20 euros e as reservas poden facerse nos teléfonos 649 507 285 ou 981 707 104.Organiza a asociación Caldeirón, coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo do Concello de Malpica de Bergantiños.
O Concello de Malpica de Bergantiños informa que hoxe, 31 de outubro de 2025, foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 209) as Bases do Concurso de Escaparates de Nadal 2025.
O Concello de Malpica continúa co servizo de recollida porta a porta de residuos urbanos especiais non voluminosos, que se vén realizando periodicamente nas distintas parroquias e lugares do municipio.
Esta iniciativa, xa consolidada, ten como obxectivo facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos especiais e fomentar boas prácticas ambientais contribuíndo á limpeza e sustentabilidade do concello.
A recollida é exclusivamente para residuos especiais non voluminosos, polo que non se recollen mobles, electrodomésticos grandes nin outros obxectos de gran tamaño.
Calendario de recollida
Mércores 29 de outubro: Aviño, Cambre, Pedrosa-A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
Xoves 30 de outubro: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa Catalina (vivendas con números pares ata A Plaza).
Luns 3 de novembro: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova, Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina (vivendas con números impares).
Martes 4 de novembro: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Ardeleiro, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
Mércores 5 de novembro: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesía I A Camuza A, Rúa Ventorrillo, Escorial.
Xoves 6 de novembro: Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro, Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesía 1 As Neves, Travesía 5 Río.
Luns 10 de novembro: Rúa As Neves, Travesía 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesía 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río, Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
Martes 11 de novembro: Praza do Cruceiro, Rúa Tío Paz, Rúa San Ramón, Travesía 1 San Ramón, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, Rúa Ramona Criado, Rúa Mestra, Rúa Caldeirón, Rúa Eduardo Pondal, Rúa Patria Galega, Rúa Campo, Rúa Areal, Rúa Carreixo do Muíño, Rúa Antonio Montero, Rúa Praia.
Mércores 12 de novembro: Rúa Guardia Pardines, Rúa Areal, Rúa Doctor Fleming, Canido, Rúa A Camuza C, Estrada DP-4307 (desde Malpica ata o desvío cara a Santiso), Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vista, Rúa Agra de Lucas, Rúa Arnado.
Xoves 13 de novembro: Estrada DP-4307 (desde o desvío cara a Santiso ata Beo), Estrada DP-4305 cara a Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, Rúa A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrián.
Luns 17 de novembro: Beo, Vigo, Estrada DP-4307 (desde Beo ata Seiruga), Seiruga.
Martes 18 de novembro: Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avenida Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
Mércores 19 de novembro: Mens, O Miñón, Asalo, Bocelo, Badarra.
Malpica de Bergantiños, 25 de outubro de 2025 O Concello de Malpica presenta a XXI Mostra de Teatro de Malpica de Bergantiños O Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha unha nova edición da Mostra de Teatro, que se celebrará entre o 31 de outubro e o 13 de decembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. A XXI Mostra de Teatro reunirá nove espectáculos que achegarán ao público diferentes propostas escénicas galegas, desde o teatro familiar ata o adulto. Todas as representacións serán con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa. A programación comezará o venres 31 de outubro ás 20.00 h coa obra A teteira de Kabul da compañía Xarope Tulú, finalista na categoría de mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024. O programa será o seguinte: Venres 31 de outubro, ás 20.00, A teteira de Kabul. Xarope Tulú Fondo Galego de Cooperación Finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024 A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira. Elenco: Atenea García Xosé Manuel Esperante Dirixe: Nicolás Zamorano e Atenea García Duración: 45 minutos Xénero: teatro de obxectos
Público preferente: familiar, a partir de 6 anos Venres 7 de novembro, ás 20.00 Wombo Combo. Galeatro Rede Cultural 2025
Finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares no 2023 Wombo Combo reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir… ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Elenco: Alba Bermúdez Toné Martínez Mario Rodriguez
Dirixe: Davide González
Duración: 50 minutos Xénero: familiar e infantil Público preferente: recomendado a partir de 6 anos Venres 14 de novembro, ás 20.00, A nena e o grilo camiño das cores. Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos Rede Cultural 2025
Nesta ocasión, os tres Ghazafelhos descubrirán o mundo desde a mirada dos nenos e as nenas e interactuarán cos músicos Magín Blanco e Pablo Vidal e tamén co público. Esta última produción consolida e expande os obxectivos cos que A Nena e o Grilo se iniciou hai dezaseis anos: contribuír a descubrir, valorar, a amizade, o compañeirismo, os afectos, a diversidade e a igualdade. Elenco: Teatro Ghazafelhos Magín Blanco
Dirixe: Pepablo Patinho Duración: 60 minutos Xénero: infantil-familiar Público preferente: a partir de 3 anos
Venres 21 de novembro, ás 20.30, Coreografías dun demente. Fran Sieira, cía danza Coreografías dun DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto. A fisicalidade e a estética contemporánea, dentro do baile e a música tradicional galega, preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística. Programada no Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais… Intérpretes:
Fran Sieira André Adrio Artur Puga Martín Mondragón Adela Otero Patricia Sánchez
Dirección artística: Carla Diego Luque
Duración: 45 minutos Xénero: danza Público preferente: adulto Venres 28 de novembro, ás 20.30, Mulleres que viven soas . Berrobambán Rede Cultural 2025 Protagonizada polas tres bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Elenco:
Paula Carballeira María da Pontragha Vero Rilo
Dirixe: Nuria Sanz e Chiqui Pereira Duración: 75 minutos Xénero: teatro documental e comedia Público preferente: adulto Venres 5 de decembro, ás 20.30, Chegar e encher. Bea Campos Rede Cultural 2025 Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.
Elenco: Bea Campos Dirección: Bea Campos
Duración: 60 minutos
Xénero: narración oral Público preferente: adulto
Sábado 6 de decembro, ás 20.00, De algo hai que morrer. Malasombra producións
Premio FETEGA 2023. Compañía gañadora do premio do público da Mostra de Teatro de Malpica, no ano 2024 co espectáculo Testosterona
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hide, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: a morte. Ao longo da conferencia os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados
co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?
Elenco: Jouse García e Xoque Carbajal Dirección: Marcos Orsi Duración: 70 minutos Xénero: comedia Público preferente: adulto (maiores de 16 anos)
Xoves 11 de decembro, ás 20.30, Sol Fuerza. Aantena S.C. Premio da Deputación da Coruña a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social. Proxecto ECO DO SOL Un espectáculo que mestura humor e reflexión. Nos anos 90, Heliodoro Vicente soñaba cun futuro radiante: Galicia iluminada grazas ao Sol Fuerza. Un invento prometedor que pretendía substituír o petróleo pola enerxía do sol. Pero o soño de Heliodoro apagou antes de brillar. E agora, no presente, entre muíños de vento, placas solares e promesas ecolóxicas, atopámonos cunha Galicia que dubida: progreso ou colonización? É isto o futuro ou unha boa mentira ben contada? Elenco: Lucía Veiga Manu Fernández Virxinia Bermúdez
Dirixe: Xosé Leis
Duración: 80 minutos Xénero: comedia Público preferente: adultos e maiores de 14 anos
Sábado 13 de decembro, ás 20.00, As Desterradas. Carme Varela (Producións Excéntricas) Outono das Artes da Deputación da Coruña
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazalas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas.
Duración: 95 minutos Xénero: drama Público preferente: adulto
As funcións realizaranse sempre no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica de Bergantiños, no teléfono 981 707 104, en horario de 9.30 a 14.00 horas.
Esta mañá presentouse no paseo da praia de Malpica o Malpica Surf Fest 2025, unha das grandes citas do outono que combinará deporte, música e ambiente surf na praia de Area Maior. No acto participaron a concelleira Noelia Freijeiro, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e os organizadores Toni Varela e Carlos Fernández de One Surf Academy.
O festival celebrarase os días 25 e 26 de outubro en Malpica de Bergantiños (A Coruña) e acollerá o Campionato de España de SUP Olas e a Liga Nacional de Longboard, baixo a organización de ONE Surf Academy e co apoio da Federación Española de Surfing (FESurfing), da Federación Galega de Surf e da Xunta de Galicia, a través da súa Área de Turismo.
Durante a presentación, os organizadores agradeceron o apoio de Turismo de Galicia e do Concello de Malpica, destacando a importancia de contar con institucións que impulsen eventos que poñen en valor o deporte, o mar e o turismo sustentable. Ademais, o venres 24 de outubro, ás 19:00 h, terá lugar a presentación oficial do evento, cun repaso pola historia do surf en Malpica e un cóctel de benvida. Durante a fin de semana, a cita combinará deporte e lecer cun amplo programa de actividades:
Campionato de España de SUP Olas Liga Nacional de Longboard Mercado e carpa-bar Sorteo de material de surf valorado en máis de 2.000 € Surf Party coas actuacións de Spoonfuls (blues), Pladur (punk) e DJ set
A Deputación Provincial da Coruña financiou con 10.970,22 euros o servizo de limpeza de praias 2025 que se desenvolveu nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2025 a través da externalización do servixo. O concello de Malpica de Bergantiños agradece publicamente a colaboracion da Deputación Provincial nas tarefas de limpezas dos nosos areais.
O Concello de Malpica de Bergantiños celebra o 92 aniversario das Misións Pedagóxicas cun programa cultural que inclúe unha mostra fotográfica, un espectáculo de monicreques e un magosto popular con chocolatada e música en directo. O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches. Aquel proxecto, promovido por José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafael Dieste, marcou o inicio dos espectáculos de monicreques que percorreron o Estado co obxectivo de levar a cultura e a educación a todos os recunchos. En lembranza daquel esforzo, o Concello de Malpica de Bergantiños organiza cada ano unha actividade conmemorativa arredor desta data, recuperando o espírito das Misións que tiveron en Malpica un dos seus primeiros escenarios.
Mostra fotográfica
A exposición As Misións Pedagóxicas en Malpica poderá visitarse do 17 ao 31 de outubro no espazo expositivo do Centro Cívico. A mostra recolle imaxes e documentos que lembran o paso das Misións pola vila en 1933, coincidindo coa estrea do Retablo de Fantoches.
Programación do 19 de outubro
Os actos centrais desenvolveranse o sábado 19 de outubro na Praza Anselmo Villar Amigo. Ás 17.00 horas representarase o espectáculo de monicreques As almofadas soñadoras, da compañía AsSircópatas. A obra, dirixida por Marcos “PTT” Carballido, conta con María Dobonriche e Dani Blanco no elenco, e con música e efectos de son a cargo dos mesmos intérpretes. A historia aborda o poder dos soños e a liberdade a través da figura do rei Amarradísimo, un personaxe que prohibe sorrir e soñar ata que se ve obrigado a enfrontar as consecuencias das súas propias leis. A continuación, ás 18.00 horas, celebrarase un magosto popular con chocolatada e actuación do Trío Digital. En caso de mal tempo, os actos trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.
O Concello de Malpica de Bergantiños lanza o primeiro concurso fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”, co obxectivo de poñer en valor a riqueza natural, patrimonial e cultural do municipio. A iniciativa convida a veciños e visitantes a amosar Malpica a través das súas olladas: as paisaxes, os monumentos naturais, as prazas, a arquitectura popular, os recunchos e as cores que fan único o concello.
As 13 fotografías gañadoras formarán parte do Calendario Municipal 2026, cunha imaxe para a portada e doce correspondentes aos meses do ano.
O prazo de participación abrirase desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e permanecerá aberto ata o 14 de novembro de 2025 ás 23.59 horas.
As imaxes deberán enviarse en formato .jpg ao correo electrónico turismo@malpicadebergantinos.es. No correo deberán constar o nome e apelidos, data de nacemento, enderezo completo, teléfono e correo electrónico, ademais dun pequeno texto explicativo sobre a fotografía. No caso de enviar varias imaxes, deberán titularse ou numerarse para diferencialas.
O concurso establece un primeiro premio de 200 euros, correspondente á portada do calendario, e doce premios mensuais de 60 euros cada un.
A temática céntrase en fotografías que mostren lugares recoñecibles de Malpica de Bergantiños, como paisaxes e monumentos naturais, arquitectura e patrimonio cultural, ou prazas, obxectos e recunchos emblemáticos. Recoméndase o encadre horizontal e imaxes de alta calidade para impresión.
O fallo do xurado farase público antes do 21 de novembro de 2025 e publicarase nas redes sociais e na web municipal.
O concurso busca destacar a beleza e a esencia do territorio de Malpica, contribuíndo á posta en valor da natureza, a cultura e o turismo local.
O Concello de Malpica informa de que hoxe se publicaron os extractos das convocatorias de axudas para o fomento do deporte correspondentes ao ano 2025.
Estas subvencións teñen como obxectivo apoiar e impulsar a práctica deportiva no municipio, tanto a nivel colectivo como individual, mediante dúas liñas de axuda:
Axudas a entidades deportivas, destinadas a clubs e asociacións que desenvolvan actividades no ámbito local.
Axudas ao deporte individual, dirixidas a deportistas de Malpica que participen en competicións oficiais ou desenvolvan unha actividade deportiva continuada.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, ata o 28 de outubro de 2025, incluído.
As bases completas e os modelos de solicitude poden consultarse na seguinte ligazón
O Concello de Malpica organizou este domingo a VIII Carreira Pedestre, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da nosa localidade. A pesar da chuvia, a proba contou cunha alta participación en todas as categorías, converténdose nunha xornada de deporte e solidariedade.
As saídas das carreiras de 2k e 10k tiveron lugar diante da Casa do Concello. O percorrido da carreira de 2k desenvolveuse polo porto ata o paseo da praia, mentres que a de 10k discorreu tamén desde o Concello, pasando polo porto, continuando ata San Adrián e finalizando de novo no porto.
A entrega de premios celebrouse no paseo da praia e contou coa participación do alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e do tenente de alcalde, Miguel Ángel Fernández Mirás. Grazas á solidariedade das persoas participantes recadáronse 231 euros que se destinarán á Asociación Española contra o Cancro.
Clasificacións
2k Popular Masculino: 1º Javier Paradela Martico, 2º Pablo Mira Pérez, 3º Pablo García Barbeira Feminino: 1ª Andrea Gómez Álvarez, 2ª Olga Pose Chouciño, 3ª Ana Dubra García
Sub10 Feminino: 1ª Alexia Veres Rodríguez, 2ª Xiana Rey Dubra, 3ª Mencía Dubra Trigo Masculino: 1º Mateo Chouciño Sotelo, 2º Anxo Castro López, 3º Lucas Rey Dubra
Sub12 Feminino: 1ª Antía Castro López, 2ª Carmen Domínguez Fariña Masculino: 1º Antonio Sanmartín Tenreiro, 2º Lucas Chouciño Sotelo, 3º Breixo Platas Álvarez
Sub14 Feminino: 1ª María García Ferreiro, 2ª Julia Insua Rico, 3ª Noa Méndez Pose Masculino: 1º Xacobo Fraga Liñares, 2º Leo Mafal Touré Lema, 3º Hugo García Canto
10k – Xeral Masculino: 1º Francisco País Fondo, 2º Bruno Riadigos Piñeiro, 3º Carlos Añón Ceán Feminino: 1ª Olalla Saborido Gil, 2ª Cristina Piñeiro Rego, 3ª Mónica Busto Blanco
10k – Outras categorías Sub18: Fátima Bermúdez Carretero / Roi Soto Suárez Sub23: Manuel González Pérez / Nico Paz Pereira Sénior: Elena Varela Molina / Francisco País Fondo Máster 1: Olalla Saborido Gil / Bruno Riadigos Piñeiro Máster 2: Yessica Rico Bestilleiro / Carlos Añón Ceán Máster 3: Paco Paz Trillo Máster 4: Ramón Antonio Varela Míguez
Mellores locais Masculino: Carlos Añón Ceán Feminino: Alda Alfeirán Trigo
Desde o Concello de Malpica queremos agradecer á colaboración de Protección Civil de Malpica, da Policía Local e do club ciclista Media Ducia, que fixeron posible o correcto desenvolvemento da proba.
Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario - Ocultar detalles
• Social media Facebook, Twitter e outras Redes Sociais precisan utilizar cookies para recoñecerte.
• Analytics Os datos recollidos polas cookies de Google Analytics son anónimos e só se usan para valorar a experiencia do usuario no nosa web.
• Anuncios Este sitio pode albergar publicidade propia, de afiliados, ou de redes publicitarias.
• Cookies propias Este sitio utiliza cookies propias para facilitar o acceso e mellorar a navegación e experiencia ao usuario Aviso Legal ACEPTOLeer más