Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 17°
10°
Venres 15°
11°
Sábado 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

11Set 2024

A Concellería de Cultura de Malpica presenta as Escolas Culturais para o curso 2024/2025

A Concellería de Cultura do Concello de Malpica vén de lanzar a súa nova programación de Escolas Culturais para o curso 2024/2025, co obxectivo de ofrecer unha ampla gama de actividades formativas e lúdicas para nenos, mozos e adultos. Estas actividades buscan fomentar o desenvolvemento artístico, tecnolóxico e cultural da veciñanza, con opcións para todas as idades e intereses. A programación desenvolverase ao longo do curso ata maio de 2025, agás o Campamento Dixital, que se prolongará durante dous meses.

Duración das actividades

As actividades das Escolas Culturais prolongaranse ata a última semana de maio de 2025, cunha media de 4 horas por semana. No caso do Campamento Dixital, o total de horas lectivas será de 30, repartidas en 4 horas semanais durante uns dous meses.

Prazos de inscrición

  • Inicio das inscricións: 12 de setembro de 2024.
  • Remate: O prazo pecharase o xoves anterior ao inicio de cada actividade, agás o Campamento Dixital, cuxa inscrición se pechará 15 días antes do seu comezo.

Información e inscricións

  • Oficinas Xerais:
  • Teléfono: 981720001
  • Horario: 9:00 a 14:00.
  • Departamento de Educación e Cultura:
  • Teléfono: 981707104
  • Horario: 10:30 a 13:00.

Nota importante: Todas as actividades contarán cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 10 por grupo, agás o Obradoiro de Coiro, que terá un máximo de 10 prazas e un mínimo de 8.

Actividades ofertadas

1. Obradoiro de Arte (12 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 1 de outubro.
  • Grupo I (3 a 6 anos): Martes de 16:00 a 17:00.
  • Grupo II (7 a 12 anos): Martes de 17:00 a 18:00.
  • Grupo III (+13 anos): Martes de 18:00 a 19:00. Inicio o 14 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 7 de outubro.
  • Grupo IV (3 a 6 anos): Luns de 16:00 a 17:00.
  • Grupo V (7 a 12 anos): Luns de 17:00 a 18:00.

2. Animación Teatral (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 3 de outubro para os grupos I e II.
  • Grupo I (4 a 8 anos): Xoves de 17:30 a 18:30.
  • Grupo II (9 a 12 anos): Xoves de 18:30 a 19:30.
  • Grupo III (+13 anos): Xoves de 19:30 a 20:30. Inicio o 9 de xaneiro.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 3 de outubro.
  • Grupo IV (6 a 12 anos): Xoves de 16:00 a 17:00.

3. Robótica (15 €/mes)

  • Malpica (Centro Cívico): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo I (4 a 12 anos): Mércores de 18:00 a 19:00.
  • Buño (CEIP J.R.O.): Inicio o 2 de outubro.
  • Grupo II (4 a 12 anos): Mércores de 16:30 a 17:30.

4. Obradoiro de Barro

  • Casa do Oleiro (Buño):
  • Grupo I Modelado (6 a 12 anos): Mércores de 16:00 a 17:00. Inicio o 8 de xaneiro (12 €/mes).
  • Grupo II Torno e Modelado (Adultos e maiores de 12 anos): Sábados de 10:00 a 11:30. Inicio o 11 de xaneiro (15 €/mes).

5. Obradoiro de Coiro

  • Casa da Cultura de Seaia:
  • Grupo I Iniciación (+18 anos): Xoves de 16:30 a 18:00. Inicio o 9 de xaneiro (15 €/mes).
  • Grupo II Avanzado (+18 anos): Xoves de 18:00 a 20:00. Inicio o 3 de outubro (18 €/mes).

6. Campamento Dixital (de balde)

  • Aula de Informática da Casa do Oleiro (Buño): Inicio o 16 de xaneiro.
  • Grupo I (9 a 13 anos): Xoves e venres de 16:00 a 18:00.
  • Grupo II (15 a 17 anos): Xoves e venres de 18:00 a 20:00.

Neste campamento abordaranse temas coma a busca de información de valor, creación de contidos dixitais, contrasinais seguras, protección de datos e hábitos saudables no uso de internet, entre outros.

21Ago 2024

Visita ás Torres de Mens e concerto do Ensemble Phaedrus en Malpica de Bergantiños

O próximo 8 de setembro, dentro da programación de Espazos Sonoros organizada pola Deputación Provincial de A Coruña en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños, poderemos desfrutar de dúas actividades culturais destacadas.

A xornada comezará ás 16:00 horas cunha visita guiada ás históricas Torres de Mens. Esta actividade, da man do experto Héitor Picallo, permitirá aos asistentes descubrir a historia e a arquitectura deste símbolo da casa dos condes de Altamira, unha das familias máis poderosas da Galicia medieval e moderna. As Torres de Mens, reconstruídas en 1471 tras as revoltas irmandiñas e rehabilitadas a finais do século XX polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, ofrecen unha inmersión na historia da zona. Os visitantes poderán pasear polo patio interior, percorrer o camiño de rolda das murallas e admirar as impresionantes vistas da contorna.

Ás 18:00 horas, na Igrexa de Santiago de Mens, celebrarase un concerto do Ensemble Phaedrus. Este grupo, formado no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis, está composto por Emma-Lisa Roux (voz e laúde) e un consort de frautas travesas renacentistas integrado por Luis Martínez Pueyo, Charlotte Schneider e Mara Winter. O concerto, con entrada libre ata completar aforo, ofrecerá un repertorio de músicas do século XVI e comezos do XVII, cunha beleza poderosa e refinada que conecta coa filosofía humanista da época. As pezas interpretadas trasladarán ao público á corte de Enrique VIII, mesturando obras festivas e íntimas procedentes de fontes históricas como o Libro de Enrique VIII e o Cancioneiro de Ana Bolena.

As inscricións para a visita guiada estarán abertas do 3 ao 5 de setembro a través do correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Non perdas a oportunidade de participar nesta xornada cultural única en Malpica de Bergantiños.

18Ago 2024

O Concello de Malpica organiza unha nova edición do consolidado Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior

Este venres, 23 de agosto de 2024, celébrase unha nova edición do xa tradicional Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior, un evento que promete unha xornada de diversióne creatividade para todas as idades.

O evento dará comezo ás 10:30 horas, momento no que as persoas inscritas poderán iniciar os seus traballos na praia. Terán ata as 13:00 horas para dar forma ás súas esculturas, xa sexan castelos, barcanas tradicionais ou outras creacións inspiradas pola maxia da area e o mar. Ás 13:05 horas, o público asistente poderá participar na votación popular, e ás 13:30 horas farase pública a decisión do xurado e se procederá á entrega de premios.

Inscricións

As inscricións realizaranse no Departamento de Educación e Cultura, situado no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, na rúa Ventorrillo s/n. Teléfono: 981707104. O horario de inscrición será de 11:00 a 15:00 horas, do 1 ao 21 de agosto, e o 23 de agosto de 10:00 a 11:00 na Praia Area Maior de Malpica. Cada participante ou grupo de participantes só poderá inscribirse cunha única obra. Os grupos poderán incluír un máximo de 30 participantes.

Modalidades

  1. AMATEUR: A partir de 10 anos.
  2. PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO: Escultura máis votada polo público.
  3. BARCANAS: Elaboración de barcanas tradicionais.
  4. INFANTIL: Ata 10 anos. No caso dos grupos, para inscribirse nesta modalidade, todas as persoas deberán cumprir este requisito de idade.

Premios

1º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 130,00€
2º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 70,00€
3º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 50,00€
Premio especial do público: Trofeo
Premio á mellor barcana: Trofeo

  • Os premios, en ningún caso, poderán acumularse. Se unha mesma obra coincide en diferentes categorías, asignaráselle o premio correspondente a unha única categoría, seguindo a orde: premio amateur, premio especial do público, premio á mellor barcana, e premio infantil. O premio da categoría que quede deserta pasará á seguinte obra mellor valorada desa categoría.

Nota: Os vales poderán cambiarse por produtos ou servizos, de valor equivalente, nos establecementos comerciais e de hostalería do Concello de Malpica.

Elaboración das esculturas de area

Para a elaboración das obras, as persoas participantes só poderán utilizar area e materiais que se atopen de xeito natural depositados na area. Así mesmo, permitirase o uso de ferramentas (palas, cubos, difusores de auga, etc.), aínda que estes elementos, en ningún caso, poderán formar parte da obra. Na elaboración das obras non está permitido utilizar ningún produto para compactar ou fixar a area, agás a auga.

As obras realizaranse unicamente na Praia de Area Maior, nas zonas balizadas polo Concello de Malpica para ese fin, entre as 10:30 e as 13:00 do venres 23 de agosto de 2024.

16Ago 2024

O mércores 21, Luís G. Souto presenta en Malpica o seu libro ‘O Camiño dos Faros: Diario de viaxe’

O vindeiro mércores, 21 de agosto, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da Casa do Pescador, situado na Rúa Camiño do Río, 1, en Malpica de Bergantiños, acollerá a presentación do libro “O Camiño dos Faros: Diario de viaxe”, unha obra do autor Luís G. Souto.
O acto contará coa presenza do propio autor, Luís G. Souto, quen estará acompañado por Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Xosé Manuel Varela, escritor e mestre, e M. A. Fernán Vello, director de edicións Espiral Maior, a editorial encargada de publicar a obra.

16Ago 2024

O Concello de Malpica lanza por segundo ano un servizo de fisioterapia gratuíta para persoas con dependencia recoñecida

O prazo para inscribirse comeza o 20 de agosto

A concellería de Servizos Sociais, consciente da necesidade imperante que teñen as persoas con dependencia recoñecida, continúa co seu compromiso ao poñer en marcha por segundo ano consecutivo un servizo pioneiro na Costa da Morte: un servizo de fisioterapia gratuíto para persoas con dependencia recoñecida.

“A prioridade para min sempre son as persoas que máis o precisan e sempre estamos a traballar para dar aos nosos veciños e veciñas unha boa calidade de vida”, indicou Marisol Blanco.

O alcalde, Eduardo Parga, puntualizou que este servizo de fisioterapia gratuíta “é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas con dependencia de Malpica, polo que seguiremos apostando por este servizo no futuro.”

Este servizo de fisioterapia gratuíta, que xa foi un éxito no seu primeiro ano, está financiado co POS adicional 1/2024 da Deputación da Coruña. As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de servizos sociais ou chamando ao 981720280. As inscricións estarán abertas a partir do 20 de agosto.

10Ago 2024

Malpica de Bergantiños celebra a Festa Galega do 15 ao 17 de agosto

Malpica de Bergantiños ven de presentar a programación da  Festa Galega, que terá lugar do 15 ao 17 de agosto de 2024. 

O xoves 15, a festa comezará cun pasarrúas da man dos gaiteiros de Falso Escuadro, enchendo de sons tradicionais as rúas de Malpica.

O venres 16, a Atlantic Big Band tomará as rúas cun novo pasarrúas, antes de que Mediarea, Budiño, Pablo Balseiro e a Bervenian Orquestra suban ao escenario a partir das 22:15 para ofrecer unha noite de concertos.

O sábado 17, a festa continuará cunha nova sesión da Atlantic Big Band, seguida das actuacións de Carcaxía, Do Rivés, Sheila-Patricia e Os Carunchos, que pecharán a celebración.

Esta cita está organizada pola concellería de Turismo do  Concello de Malpica en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Xoves 15 de agosto:

  • Pasarrúas con gaiteiros de Falso Escuadro.

Venres 16 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:15 – Mediarea.
  • 23:30 – Budiño.
  • 01:15 – Pablo Balseiro e Bervenian Orquestra.

Sábado 17 de agosto:

  • Pasarrúas con Atlantic Big Band.
  • 22:00 – Carcaxía.
  • 22:45 – Do Rivés.
  • 23:30 – Sheila – Patricia.
  • 01:00 – Os Carunchos.
7Ago 2024

Presentación da XIV Travesía Sisargas de Malpica

Esta mañá tivo lugar no paseo da praia de Malpica a presentación da XIV Travesía Sisargas de Malpica, un evento que promete ser un referente para os afeccionados á natación en augas abertas. No acto estiveron presentes o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o organizador da proba, Daniel Gambón, acompañados polos concelleiros Miguel Ángel Fernández e Pedro Rodríguez Pose, así como José Iván Muiño Facal, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Malpica, e Fran Varela, secretario da confraría.

A competición, que se celebrará o próximo 11 de agosto, ofrecerá dúas distancias. A primeira, de 4 km, percorrerá desde as Illas Sisargas ata a praia de Malpica, coa participación de 130 nadadores. A segunda, de 1,5 km, comezará e rematará na mesma praia, con 70 deportistas poñendo a proba a súa resistencia e habilidades.

5Ago 2024

La Feria Marinera de Malpica regresa del 15 al 18 de agosto

La Feria Marinera regresa a Malpica del 15 al 18 de agosto, organizada por la Concejalía de Turismo. Durante cuatro días, Malpica se convierte en una celebración de la tradición marinera con múltiples actividades.

El programa incluye música en directo, teatro, desfiles, espectáculos de animación y puestos de venta. La feria dará comienzo el 15 de agosto a las 11 horas y estará situada en la calle Eduardo Vila Fano.

Programación:

Jueves 15 de agosto:

  • 11:00 – Apertura del mercado
  • 14:30 – Pausa para almorzar
  • 17:30 – Reapertura del mercado
  • 18:00 a 22:00 – Desfile musical de Os Piratas de Tordiñón

Viernes 16 de agosto:

  • 11:00 – Apertura del mercado
  • 12:00 – Desfile con O Pirata Malapata y Os Piratas de Tordiñón
  • 13:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 13:30 – Espectáculo de malabares
  • 14:00 – Música en directo con Os Piratas de Tordiñón
  • 14:30 – Pausa para almorzar
  • 18:00 – Actuación de Os Piratas de Tordiñón y O Mariñeiro Grog
  • 19:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 20:00 – Música con Os Piratas de Tordiñón
  • 21:30 – Espectáculo Brasas voadoras con Os Piratas de Tordiñón
  • 22:15 – Malabares y fuego con O Bufón Plastón

Sábado 17 de agosto:

  • 11:00 – Apertura del mercado
  • 12:00 – Desfile con O Pirata Malapata y Os Piratas de Tordiñón
  • 13:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 13:30 – Espectáculo de malabares
  • 14:00 – Actuación musical de Os Piratas de Tordiñón
  • 14:30 – Pausa para almorzar
  • 18:00 – Música con Os Piratas de Tordiñón y O Mariñeiro Grog
  • 19:00 – Actuación de Surix – O Home Árbore
  • 20:00 – Música con Os Piratas de Tordiñón
  • 21:30 – Espectáculo Brasas voadoras con Os Piratas de Tordiñón
  • 22:15 – Malabares y fuego con O Bufón Plastón

Domingo 18 de agosto:

  • 11:00 – Apertura del mercado
  • 13:00 – Actuación de Surix – O Home Árbore
  • 14:30 – Pausa para almorzar en A Pulpeira
  • 18:00 y 20:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”

La programación completa de la Feria Marinera está disponible escaneando el código QR del cartel oficial en varios idiomas: español, inglés y francés.

5Ago 2024

A Feira Mariñeira de Malpica regresa do 15 ao 18 de agosto

A Feira Mariñeira regresa a Malpica do 15 ao 18 de agosto, organizada pola Concellería de Turismo. Durante catro días, Malpica convertese nunha celebración da tradición mariñeira con múltiples actividades.

O programa inclúe música en directo, teatro, desfiles, e espectáculos de animación e postos de venta. A feira dará comezo o 15 de agosto ás 11 horas, es estará situada na rúa Eduardo Vila Fano.

Programación:

Xoves 15 de agosto:

  • 11:00 – Apertura do mercado
  • 14:30 – Pausa para xantar
  • 17:30 – Reapertura do mercado
  • 18:00 a 22:00 – Desfile musical dos Piratas de Tordiñón

Venres 16 de agosto:

  • 11:00 – Apertura do mercado
  • 12:00 – Desfile con O Pirata Malapata e os Piratas de Tordiñón
  • 13:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 13:30 – Espectáculo de malabares
  • 14:00 – Música en directo con Os Piratas de Tordiñón
  • 14:30 – Pausa para xantar
  • 18:00 – Actuación de Os Piratas de Tordiñón e o Mariñeiro Grog
  • 19:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 20:00 – Música polos Piratas de Tordiñón
  • 21:30 – Espectáculo Brasas voadoras cos Piratas de Tordiñón
  • 22:15 – Malabares e lume con O bufón Plastón

Sábado 17 de agosto:

  • 11:00 – Apertura do mercado
  • 12:00 – Desfile con O Pirata Malapata e os Piratas de Tordiñón
  • 13:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”
  • 13:30 – Espectáculo de malabares
  • 14:00 – Actuación musical de Os Piratas de Tordiñón
  • 14:30 – Pausa para xantar
  • 18:00 – Música con Os Piratas de Tordiñón e o Mariñeiro Grog
  • 19:00 – Actuación de Surix – O home árbore
  • 20:00 – Música cos Piratas de Tordiñón
  • 21:30 – Espectáculo Brasas voadoras cos Piratas de Tordiñón
  • 22:15 – Malabares e lume con O bufón Plastón

Domingo 18 de agosto:

  • 11:00 – Apertura do mercado
  • 13:00 – Actuación de Surix – O home árbore
  • 14:30 – Pausa para xantar na Pulpeira
  • 18:00 e 20:00 – Teatro: Krakork – “Hueso”

A programación completa da Feira Mariñeira está dispoñible escaneando o código QR do cartel oficial en varios idiomas español, inglés e francés.

Progamación conmpleta da Feira Mariñeira