Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 18°
14°
Domingo 19°
14°
Luns 20°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. BASES DO XIV CONCURSO DE BARCANAS E CASTELOS DE AREA “PRAIA DE AREA MAIOR”

12Ago 2014

BASES DO XIV CONCURSO DE BARCANAS E CASTELOS DE AREA “PRAIA DE AREA MAIOR”

Venres 22, a partir das 10.30 horas e ata as 14.00 horas na Praia de Area Maior
540-f-foto

1.     OBXECTO: O presente concurso terá por obxecto o fomento da cultura.

 

 2.     PUBLICIDADE: As presentes bases permanecerán expostas no taboleiro de anuncios do concello dende a súa aprobación ata a finalización do procedemento, dada a súa escasa contía e de acordo co disposto no apartado VI) 6 do Anexo I das BEO do Concello de Malpica, asemade, se lles dará publicidade mediante a páxina web do Concello de Malpica e cartelería.

 3.     PRAZO DE INSCRIPCIÓN: O prazo de inscrición rematará o venres día 22 de agosto ás 11.00 h. as inscricións poderán realizarse tanto no Departamento de Educación e Cultura do Concello ata o día 21 de agosto, como na Praia de Area Maior o día 22  de agosto de 2014, dacordo cós modelos de solicitudes facilitados polo Concello e que deberán ser remitidos, debidamente cumplimentadas, ó rexistro xeral dacordo có disposto no apartado VI)7 do Anexo I das BEO.

 4.     REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:

–         Cada participante ou grupo de participantes só poderá participar cunha única obra.

 

–         Existiran tres modalidades: Infantil (até os 10 anos), amateur (de 10 anos en adiante) e Barcanas (barcanas tradicionais de area sen límites de idade).

 

–         No caso de menores de idade as solicitudes virán presentadas polos pais/nais ou titores que os representen, que terán a condición de beneficiarios.

 

–         Para obtar ó Premio Infantil todo os autores da obra deberán ter como máximo 10 anos cumpridos.

 

 

5.     Existirán cinco premios: 1º, 2º e 3º na modalidade amateur, premio á mellor Barcala, premio infantil e premio especial do público.

 

 6.     CONTÍA MÁXIMA DOS PREMIOS:Os premios estarán dotados do seguinte xeito:

 Premios amateur:

1º premio: 130,00 ? e trofeo

 

2º premio:  70,00 ? e trofeo

 

3º premio:  40,00 ? e trofeo

 

Premio a mellor Barcana: trofeo

 

Premio Infantil: trofeo

 

Premio Especial do Público: trofeo

 

 

7.     REQUISITOS, LUGAR E PRAZO DA REALIZACIÓN DAS OBRAS:

 

–         A obras realizaranse na Praia de Aréa Maior nas zonas balizadas polo Concello de Malpica para este fin.

 

–         As obras realizaranse con posterioridade á inscrición do/a participante ou participantes e en calquera caso entre ás 11.00 h. e as 13.00 h. do día 22  de agosto de 2014.

 

–         Para a elaboración das obras só se poderá utilizar aréa e materiais que se atopen depositados na praia.

 

–         Para a elaboración das obras permitirase o uso de ferramenta, difusores de auga, etc. aínda que estes en ningún caso poderán formar parte da obra unha vez rematada.

 

–         Na elaboración das obras non está permitido utilizar ningún producto compactante ou fixador da aréa, agás o auga.

 

 

8.     CRITERIOS :

 

 O xurado valorará a calidade artística e a orixinalidade de cada proposta. De acordo cos seguintes criterios:

–          Calidade técnica da obra

 

–          Complexidade da obra realizada

 

–          Deseño da obra

 

–    Dimensións da obra realizada

 

–          Vinculación da obra co Concello de Malpica

 

–          Orixinalidade da obra

 

–         Para a elección do premio especial do público instalarase unha furna, entre ás 13.00 h. e as 13.30 h. na Praia de Aréa Maior donde tódolos espectadores/as do concurso poderán participar, sendo agraciada a obra con maior número de votos, agás que xa obtivera outro premio por parte do xurado, nese caso otorgaríase á seguinte obra máis votada.

 

 

9.     O fallo do xurado será inapelable, e será notificado ós presentes no acto.

 

10.  COMPOSICIÓN DO XURADO: O Xurado estará composto por 2 representantes do Concello de Malpica nomeados polo Alcalde (que determinará quen dos dous actuará como Presidente e como vogal) e 2 das entidades colaboradoras (Asociación de Amas de Casa de Malpica e/ou Asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa)  a proposta destas e nomeados/as polo Alcalde e que actuarán como vogais. Actuará como secretario/a do mesmo un/unha funcionario/a do Concello de Malpica designado a tal fin pola Alcaldía.

11.  XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO: Unha vez elaborada a acta do xurado propoñendo os beneficiarios, o órgano competente, acordará a concesión e recoñecemento de obrigas a favor dos mesmos. O pagamento efectuarase en efectivo tras o fallo do xurado. Os beneficiarios acreditaran suficientemente a súa  identidade e a recepción do premio correspondente perante o Concello segundo o modelo facilitado ao efecto.

12.  PUBLICIDADE DOS BENEFICIARIOS: Publicarase no taboleiro de anuncios do concello a resolución ou acordo polo que se concedan os premios aos que se refiren as presentes bases.