18Nov 2024
A unidade móbil de doazón de sangue chegará a Malpica e Buño o martes 26 de novembro
O vindeiro martes, 26 de novembro, as localidades de Buño e Malpica de Bergantiños acollerán unha nova xornada de doazón de sangue, promovida para fomentar a participación cidadá nunha acción solidaria que salva vidas.
- En Buño, a unidade móbil estará situada diante do Tele-Club, en horario de 16:00 a 18:00 horas.
- En Malpica de Bergantiños, o punto de doazón estará no Centro Cívico, ao carón do colexio, entre as 18:30 e as 21:00 horas.
Para participar, é necesario almorzar previamente, agardar 2 horas tras xantar e acudir con tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. As persoas que estean a tomar medicación deberán informar ao persoal médico presente.