Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Equipos dos concellos de Ponteceso, Cabana e Malpica participan na liga de fútbol sala de veteranos

30Nov 2015

Equipos dos concellos de Ponteceso, Cabana e Malpica participan na liga de fútbol sala de veteranos

O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro

540-f-foto

Dende hoxe luns e ata o 4 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para os equipos interesados en participar na liga de fútbol sala de veteranos de Ponteceso, Cabana e Malpica, organizada pola Asociación de Veteranos de Fútbol da Costa.

A competición vai destinada a equipos con xogadores maiores de 30 anos, que xogarán todos os venres pola noite, a partir do 11 de decembro, nos pavillóns municipais dos tres concellos participantes. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 646 670 678.