Doce entidades colaboran co Concello na organización do programa cultural Malpica Nadal
Concursos, obradoiros, teatro, música, xogos, literatura, festas e cabalgatas de Reis animarán as vacacións escolares
O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración con doce entidades, pon en marcha o programa Malpica Nadal, que inclúe unha amplísima oferta de actividades culturais e de ocio para toda a familia, pero sobre todo para que os nenos e nenas gocen das vacacións escolares con iniciativas deseñadas á súa medida. Outra das características do programa é que se estende a todo o territorio municipal grazas á implicación das asociacións Malante, Carcaxía, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, San Xulián, Río dos Píos, Pobo Alfareiro, A Feira, O Brizo, Río de San Antonio, Leiloio e Monte D?Arxa.
Venres, 19 de decembro
- 10.15 e 11.40 horas. Visitas do Carteiro Real ao CEIP Joaquín Rodríguez Otero e á Ludoteca Municipal, respectivamente.
- 12.15 h. Entrega dos premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal (CEIP Joaquín Rodríguez Otero).
- 12.15 h. Visita de Papá Noel á escola de Barizo.
- 16.45 a 18.45. Obradoiro de Adornos de Nadal (praza de Anselmo Villar Amigo)
- 20.30. Mostra de Teatro: ?Fóra de lugar?, do Grupo de Teatro de Teruca Bouza (auditorio do Centro Cívico).
Sábado, 20 de decembro
- 20.00 h. Mostra de Teatro: ?Cabaré Manicómico? de Creacións Manicómicas (auditorio do Centro Cívico).
Domingo, 21 de decembro
- A partir das 16.30 h. Pasarrúas de Panxoliñas pola parroquia de Leiloio. Grupo de cantareiras de rapaces con Papá Noel e chocolatada para os máis pequenos). Organiza: AVV de Leiloio.
Luns 22 e martes 23 de decembro
- 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación (auditorio do Centro Cívico).
Mércores, 24 de decembro
- 16.30 h. Papá Noel entrega os regalos aos rapaces na Casa da Cultura de Seaia. Organiza: AC Carcaxía.
- A partir das 18 h. Pasarrúas de Panxoliñas das cantareiras da AC Malante pola vila de Malpica.
- 18.30 a 20.30 h. Papá Noel entrega os regalos aos rapaces na Fonte da Praza Villar Amigo. Organiza: AC Malante.
Domingo, 28 de decembro
- 17 h. Nadal Xogo: Tómbola infantil de Nadal no pavillón polideportivo de Malpica (imprescindible entrar con zapatillas de deporte). Organiza: AC Malante.
Luns, 29 de decembro.
- 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación no auditorio do Centro Cívico.
- 16.30 a 20.30. Nadal Xogo: Festa infantil con inchables no pavillón polideportivo. Colabora: ANPA Ventorrillo.
Martes, 30 de decembro
- 11.30 a 13.00 h. Nadal Xogo: Obradoiro de xogos de animación no auditorio do Centro Sociocultural de Buño. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
- 16.30 a 19.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil con inchables no pavillón polideportivo. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Mércores, 31 de decembro
- A partir das 23.45 h. Festa de Fin de Ano no auditorio do Centro Cívico, amenizada polo Dúo de Festa. Haberá uvas, cava e cotillón.
Sábado, 3 de xaneiro
- 17.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil e chocolatada na Casa dos Veciños de Leiloio (A Raxeira). Colabora: AVV Leiloio
Domingo, 4 de xaneiro
- 16.30 h. Nadal Xogo: Actuación do mago Richard co espectáculo ?Divermaxia? na Escola Unitaria de Pontella. Organiza: AVCS O Brizo de Vilanova.
- 17.30 h. Nadal Xogo: Festa infantil na escola unitaria de Pontella. Colabora: AVCS O Brizo de Vilanova.
- 19.00 h. Presentación da publicación ?O grilo Míllelo?, con textos de Xosé Manuel Varela e Icía Varela Gómez, ilustracións de Xosé Tomás e música de Suso Moreira. No salón de actos da Casa do Pescador.
Luns, 5 de xaneiro
Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
- Buño, ás 17 h. (Bar O Forno)
- Cambre, ás 18.30 h (local sociocultural)
- Malpica, ás 20 h. Ao porto
- A cabalgata percorrerá as parroquias seguindo o itinerario do bus escolar dos centros de primaria. Organizan: AVV Pobo Alfareiro, AC Malante, AC Carcaxía, ACD San Xulián, AVCS O Brizo de Vilanova. Colabora: AV Río de San Antonio
- Leilolo, ás 18 h. (Feira Nova). Organiza: AC A Feira.
- Seaia, ás 21 h. Entregarán os regalos polas casas. Organiza: ACD San Xulián.
Martes, 6 de xaneiro
Os Reis Magos chegarán a:
- -Mens e Barizo, ás 10 h (igrexa de Mens). Organizan: AVS Río dos Píos de Mens.
- -Seaia, ás 10 h (Casa da Cultura e percorrido pola parroquia).
- -Santirso, á saída da misa
- -Pontella, ás 12 h
- -Beo, ás 12.30 h
- A cabalgata percorrerá as parroquias seguindo o itinerario do bus escolar dos centros de primaria. Organizan: AVV Pobo Alfareiro, AC Malante, AC Carcaxía, ACD San Xulián, AVCS O Brizo. Colabora. AV Río de San Antonio
- -Cerqueda, pola mañá os Reis Magos percorrerán toda a parroquia. Organiza: AVV Monte D?Arxa.