Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Continúa a recollida de residuos urbanos especiais cunha nova ruta a próxima semana en Malpica

11Dec 2021

Continúa a recollida de residuos urbanos especiais cunha nova ruta a próxima semana en Malpica

O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente

Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo a próxima semana en Malpica. O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente.

Dende o próximo luns, 13 de decembro, ata o venres 17 recolleranse porta a porta este tipo de residuos, que inclúen ata oito tipoloxías:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:

  • Luns 13: Rúa Areal, Emilio González López, Igrexa, Agros, Praza da Fonte Vella, Barreiro.
  • Martes 14: Rúa Orxeira, As Neves, Travesía 1 As Neves, Travesía 5 Río, Travesía 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesía 5 Neves, Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río.
  • Mércores 15: Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
  • Xoves 16: Praza do Cruceiro, Rúa Tío Paz, Rúa San Ramón, Travesía 1 San Ramón, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira.
  • Venres 17: Rúa Ramona Criado, Rúa Mestra, Rúa Caldeirón, Rúa Eduardo Pondal, Rúa Patría Galega, Rúa Campo, Rúa Real, Rúa Carreixo do Muíño, Rúa Antonio Montero, Rúa Praia, Rúa Guardia Pardines, Rúa Doctor Fleming, Canido, Rúa A Camuza C.

A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Podes contactar cos responsables a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.