Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Comeza unha nova semana de recollida de residuos urbanos especiais

19Dec 2021

Comeza unha nova semana de recollida de residuos urbanos especiais

Estenderase dende o luns 20 ata o xoves 23

Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo esta semana en Malpica. O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente.

Dende o luns, 20 de decembro, ata o xoves 23 recolleranse porta a porta este tipo de residuos, que inclúen ata oito tipoloxías:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:

  • Luns 20: estrada DP-4307 dende Malpica ata Seaia, Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña e Camiño da Vista.
  • Martes 21: estrada DP-4305 cara Santiso, Santiso, Pontella, estrada DP-4307 dende Seaia ata Beo, Cova, Castiñeiro, Sorrío, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira e estrada Santo Hadrián.
  • Mércores 22: Beo, Vigo, estrada DP-4307 dende Beo ata Seiruga e Seiruga.
  • Xoves 23: Seiruga, Campelo e Barizo.

A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Podes contactar cos responsables a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.