17Dec 2021
Arranca a programación de Nadal
Consulta, aquí, as propostas para este sábado, 18 de decembro
Arranca a programación de Nadal en Malpica con moitas propostas para mañá, sábado 18 de decembro. Toma nota!
- Día da Convivencia: de 11:00 a 14:30 horas, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza AC Raigañas.
- Curso monográfico sobre a Ribeirana: na Casa da Cultura de Seaia. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
- Presentación das publicacións “Infinito no pé. Ribeirana” e “Pandereteiras de Mens”, coa participación de Mar da Bouzas e Pandereteiras da AC Raigañas, a partir das 18:00 no Auditorio do Centro Cívico. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
- Exhibición de patinaxe da escola deportiva do Concello de Malpica e do club Patín Velúa, no pavillón municipal ás 18:00.
- Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00. Ás 13:00 actúa Meigallo Pandereteiras. Ás 16:30 haberá un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera (para cativos). Ás 18:30 será a quenda do obradoiro coas redeiras O Fieital (para cativos). Ás 18:00 levarase a cabo unha chocolatada. A xornada rematará coa visita do Apalpador Cía Pajarito.
Achégate a Malpica! Desfruta da nosa vila