Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 12°
Luns 15°
10°
Martes 16°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra a súa derradeira reunión do ano en Malpica

21Dec 2024

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra a súa derradeira reunión do ano en Malpica

Os membros da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reuníronse en Malpica para celebrar a última sesión do ano 2024. O encontro tivo lugar no Concello de Malpica, onde foron recibidos polo alcalde, Eduardo Parga, que lles deu unha calorosa benvida.

No acto, o alcalde Eduardo Parga obsequiou aos membros do Colexio cunha redeira, unha fermosa boneca feita a man con barro de Buño, símbolo do patrimonio artesanal do municipio. Pola súa banda, os representantes do Colexio Oficial de Psicoloxía entregaron ao alcalde unha placa conmemorativa como agradecemento pola hospitalidade e colaboración.