Malpica acollerá o día 15 de abril un obradoiro sobre “Manexo do estrés e a ansiedade” aberto a toda a cidadanía
As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ata completar as 50 prazas dispoñibles
O Concello de Malpica, en colaboración co Plan de Inclusión Social, organiza para o día 15 deste mes un obradoiro sobre “Manexo do estrés e a ansiedade”, que será impartido por unha docente do SERGAS e que está dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral. O obradoiro terá lugar no salón de actos do Centro Cívico, de 16.30 a 20.30 horas. Segundo informou a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, o aforo está limitado a 50 persoas, polo que as interesadas deben inscribirse no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 720 280.
Os obxectivos do obradoiro son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: xubilación, enfermidade, dolo, etc…