23Mar 2016
O Concello de Malpica súmase á convocatoria da FEMP e chama a gardar un minuto de silencio en repulsa dos atentandos de Bruxelas
O Concello de Malpica de Bergantiños fai un chamamento aos veciños e veciñas para que se concentren hoxe, mércores 23, ás 12.00h, ás portas do Concello de Malpica en sinal de condea e repulsa a estes actos de barbarie.
O Concello de Malpica únese á dor das víctimas, ás súas familias e aos cidadáns de Bruxelas e manifesta o seu máis contundente rexeitamento e condea dos feitos acontecidos. O Concello de Mapica de Bergantiños reafirmase no compromiso inquebrantable coa vida, a paz, a liberdade e a dignidade de todos os seres humanos.