Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 11°
Sábado 10°
Domingo 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized
  3. O Concello de Malpica de Bergantiños aproba a adhesión ao POS + Adicional 1/2026 para reforzar os servizos sociais

14Xan 2026

O Concello de Malpica de Bergantiños aproba a adhesión ao POS + Adicional 1/2026 para reforzar os servizos sociais

O Concello aprobou no pleno extraordinario celebrado hoxe ás 13:15 horas a súa participación e adhesión ao POS + Adicional 1/2026, unha liña de financiamento destinada a facer fronte aos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026.

A proposta saíu adiante con 5 votos a favor do Partido Popular e 6 abstencións correspondentes a 2 do BNG, 1 de AIM e 3 do PSOE.

Grazas a esta adhesión, o municipio contará cunha achega total de 64.535,60 euros, que se destinarán a reforzar e ampliar distintos programas de carácter social, co obxectivo de mellorar a atención ás persoas e familias en situación de maior vulnerabilidade.

O reparto da contía realizarase do seguinte xeito:
   •   23.000 euros para a ampliación das axudas de emerxencia e atención ás necesidades sociais das unidades de convivencia en risco de exclusión social.
   •   8.987,63 euros para a creación ou ampliación do Servizo de Axuda no Fogar en servizos específicos, como comida sobre rodas, Xantar na Casa e/ou lavandería.
   •   16.000 euros destinados á creación ou ampliación de servizos complementarios, mantendo un ano máis a aposta polo servizo de fisioterapia a domicilio.
   •   9.250 euros para programas de respiro e conciliación familiar.
   •   7.300 euros para outras medidas extraordinarias que os servizos sociais consideren urxentes e imprescindibles para atender a persoas especialmente vulnerables.

Desde o Concello destácase que este reparto responde a criterios de equidade e equilibrio, permitindo mellorar a cobertura dos servizos sociais municipais e contribuíndo ao benestar dos veciños e veciñas.