Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
13°
Domingo 17°
13°
Luns 18°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized
  3. O Concello de Malpica lanza unha campaña de concienciación sobre o uso adecuado do Punto Limpo

4Abr 2025

O Concello de Malpica lanza unha campaña de concienciación sobre o uso adecuado do Punto Limpo

O Concello de Malpica pon en marcha unha nova campaña de concienciación cidadá sobre o correcto uso do servizo de recollida de residuos voluminosos e do Punto Limpo, co obxectivo de manter as rúas limpas e mellorar a xestión dos residuos.

Na actualidade, está a producirse unha situación insostible na que moitos cidadáns depositan mobles e outros obxectos voluminosos en calquera día da semana, dificultando a xestión municipal dos residuos. Debido a esta problemática, o Concello lembra que non é posible dispoñer de persoal exclusivamente para vixiar estas accións, polo que se fai imprescindible cumprir coas normas establecidas.

Días habilitados para a recollida de voluminosos:

  • Primeiro martes de cada mes
  • Terceiro luns de cada mes

Procedemento para a recollida:
Os veciños que necesiten desfacerse de mobles ou outros obxectos voluminosos deberán solicitar cita previa nas oficinas do Concello e indicar a cantidade de residuos que van depositar. Só así se poderá garantir unha recollida eficiente e organizada.

Alternativa: Punto Limpo de Ponteceso
Se algún cidadán precisa desfacerse destes residuos fóra das datas establecidas, poderá acudir ao Punto Limpo de Ponteceso, onde o servizo é totalmente gratuíto.

Desde o Concello de Malpica pedimos a colaboración de todos os veciños para evitar situacións que prexudiquen a imaxe e a limpeza do municipio. Manter Malpica limpa é responsabilidade de todos.