Síguenos en
es_ES
El tiempo en Malpica de Bergantiños
Sábado 21°
18°
Domingo 21°
19°
Lunes 22°
19°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. O alcalde de Malpica recibe a estudantes de Arquitectura de Bruxelas

9Nov 2024

O alcalde de Malpica recibe a estudantes de Arquitectura de Bruxelas

Vinte estudantes da Facultade de Arquitectura da Universidade Libre de Bruxelas, acompañados pola profesora Nadia Casabella, visitaron o Concello de Malpica no marco do seu proxecto académico na comarca de Bergantiños. A delegación foi recibida polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto coa concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio , Turismo e Deportes, Noelia Freijeiro, e o concelleiro de Servizos e Obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, quen lles deron a benvida.

Durante o encontro, o alcalde agasallou á profesora Casabella cunha figura de olería de Buño como mostra de agradecemento pola súa proposta de Bergantiños como zona de estudo. Durante a mañán, os estudantes visitaron a lonxa de Malpica e tiveron a oportunidade de interactuar coas redeiras, coñecendo de preto o seu traballo e os retos do sector.O resto da súa axenda de visitas centrarase en empresas, asociacións e outros colectivos locais.