19Dec 2021
Exitosa cuarta gala de Nadal de patinaxe artística
Participaron medio centenar de nenos e nenas
A cuarta gala de Nadal de patinaxe artística celebrouse este sábado no pavillón municipal de Malpica.
Participaron as escolas deportivas do Concello e o club local Patín Velúa, ademais da entidade Eiriz, de Narón.
En total, xuntáronse preto de medio centenar de nenos e nenas.
Esta actividade está incluida no programa municipal de Nadal, coa colaboración de Velúa.