10Dec 2021
A Concellaría de Deportes presenta o Nadal Deportivo de Malpica
Haberá diversas clases e exhibicións
A Concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado un Nadal Deportivo en Malpica. Velaquí as propostas:
- Control marcas atletismo: 22 de decembro, dende as 10:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 20.
- Deportes de raqueta: 23 de decembro, dende as 10:30 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 20.
- Campamento deportivo: 27, 28 e 29 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 21.
- Fútbol 3×3: 30 de decembro, desde as 10:00 horas. A partir dos 7 anos. Inscricións ata o día 27.
- Campamento deportivo: 3, 4 e 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 28.
Os interesados en participar poden consultar máis información así como anotarse no departamento de deportes do Concello ou no teléfono 981 72 00 01.
A maiores, haberá as seguintes exhibicións de patinaxe artístico, a cargo do club Patín Velúa:
- Día 18 de decembro, no polideportivo, ás 18:00 horas.
- Día 29 de decembro, no paseo da praia, ás 18:00 horas.
O consistorio malpicán anima a toda a cativada do pobo a participar para desfrutar o máximo destas datas.