23Nov 2021
O Concello de Malpica rexistra 9 casos de covid-19 a 23 de novembro
Hai un positivo máis respecto ao pasado martes, día 16
O Concello de Malpica informa que, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde, o municipio rexistra 9 casos de covid-19 a día de hoxe, 23 de novembro. Hai un positivo máis respecto ao pasado martes, día 16.
Dende o consistorio pedimos prudencia a todos os veciños e veciñas para deter a pandemia. Do mesmo xeito, recordamos que, se estás contaxiado e precisas axuda, non dubides en poñerte en contacto coa área de Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 720 280 ou con Protección Civil de Malpica a través dos números 661 626 166 e 693 400 673. Recorda que no Concello malpicán temos concellaría de Sanidade!