Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Un convenio entre o Concello de Malpica e a Axencia de Turismo de Galicia permitiu sinalizar os nosos recursos turísticos

22Nov 2017

Un convenio entre o Concello de Malpica e a Axencia de Turismo de Galicia permitiu sinalizar os nosos recursos turísticos

sinalizacion turistica

O convenio asinado entre o Concello de Malpica de Bergantiños e a Axencia de Turismo de Galicia para a mellora da sinalización turística do noso municipio permitiunos mellorar a identificación dalgúns dos nosos recursos turísticos máis significativos.

Grazas a un investimento de 10.098,78 euros levamos a cabo a sinalización do pobo oleiro de Buño e a súa olería tradicional, así como do Ecomuseo do Forno do Forte e o Forno dos Mouróns, dous puntos imprescindibles de visita para as persoas que queiran coñecer máis de preto a nosa artesanía.

Así mesmo, o convenio permitiu sinalizar as Torres de Mens e a igrexa románica de Santiago, na mesma parroquia; o dolmen da Pedra da Arca, en Cerqueda; o faro de Punta Nariga e o porto, en Barizo, e a ermida de Santo Hadrián e a praia de Seaia, na parroquia de Malpica.