gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 15°
13°
Luns 14°
11°
Martes 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Os nenos e nenas de Cambre estrean parque infantil

23Mar 2015

Os nenos e nenas de Cambre estrean parque infantil

A actuación, cofinanciada polo Concello e a Xunta, consistiu na pavimentación con caucho da parcela, a instalacións de xogos para os máis pequenos e a mellora da accesibilidade
540-f-foto

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, supervisou o resultado dos traballos de creación dun novo parque infantil no núcleo de Cambre, no concello de Malpica de Bergantiños. O municipio recibiu unha achega 31.800 euros para levar a cabo estas actuacións, o que supón o 75% do investimento total, de máis de 42.000 euros. Trátase dunha subvención concedida pola Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a mellora das infraestruturas de uso público.

 

 

O proxecto para dotar de novos espazos de lecer para a infancia consistiu, por unha banda, na pavimentación da parcela ?na parte traseira do centro sociocultural desta área- con caucho, así como o seu valado, e na instalación de xogos infantís para o aproveitamento dos máis pequenos. Tamén se aproveitou para mellorar a accesibilidade na praza Villar Amigo, na capital municipal.

 

A delegada territorial aproveitou a súa visita ao concello para manter un encontro de traballo co alcalde, Eduardo Parga, para analizar os proxectos que desenvolve o Goberno autonómico na localidade e as necesidades actuais. Nesa reunión, Parga trasladoulle as demandas locais, ante as que Do Campo expresou o seu compromiso de estudalas e de traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

 

A máxima representante do Goberno galego na provincia destacou o apoio da Xunta aos concellos e, no caso de Malpica, agradeceu a colaboración do rexedor, que permitiu levar a cabo diversas actuacións para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. A delegada territorial reiterou a súa disposición a manter ?todo o diálogo e cooperación? co goberno local para seguir incrementando o benestar dos cidadáns.