Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 13°
Xoves 13°
Venres 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O ciclo Malpica Máxica abre a programación cultural do verán

2Xul 2014

O ciclo Malpica Máxica abre a programación cultural do verán

As actividades organizadas polo Concello fomentan a creatividade e o aproveitamento cultural do tempo de lecer
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños convida a veciñ@s e visitantes a gozar do verán ao aire libre, a sacar o máximo aproveitamento cultural do seu tempo de lecer e a cultivar a súa creatividade cunha serie de propostas que encherán a vila de actividade durante os vindeiros dous meses. O programa Malpica Verán arrincará esta fin de semana con moitas e variadas propostas que van complementar as actividades da Ludoteca Infantil, as Acampadas na Natureza e a ampla oferta deportiva. Este verán, a Concellería de Cultura de Malpica aposta decididamente pola dinamización dos espazos públicos nas mañás, tardes e noites de xullo e agosto, con actuacións musicais, teatrais, proxeccións de cine e obradoiros para todos os públicos.

VENRES DE CINE

Venres, 11 de xullo, ás 22:30 h., No anfiteatro do parque Infantil do mercado, proxección da película Oz. Un mundo de fantasía. Duración: 127 minUtos. Público preferente: maiores de 7 anos. Xénero: Fantasía, aventura.

Venres, 18 de xullo, ás 22:30 h., no anfiteatro do parque infantil do mercado, proxección da película Lluvia de albondigas 2. Duración: 95 minutos. Público preferente: Todos os públicos, familiar. Xénero: Animación, comedia e aventura.

Venres, 25 de xullo, ás 22:30 h., no anfiteatro do parque infantil do mercado, proxección da película Monstruos university. Duración: 95 minutos. Público preferente: Todos os públicos. Xénero: Animación, comedia, fantástico.

Venres, 1 de agosto, ás 22:00 h., no anfiteatro do parque infantil do mercado, proxección da película Los juegos del hambre: en llamas. Duración: 145 minutos. Público preferente: maiores de 12 anos. Xénero: Drama, acción, aventura, ciencia ficción.

Venres, 8 de agosto, ás 22:00 h., no anfiteatro do parque infantil do mercado, proxección da película Iron Man 3. Duración: 130 minutos. Público preferente: maiores de 12 anos. Xénero: acción, aventura, ciencia ficción.

Venres, 29 de agosto, ás  22:00 h., no anfiteatro do parque infantil do mercado, proxección da película Los pitufos 2. Duración: 105 minutos. Público preferente: Todos os públicos. Xénero: Animación, infantil, comedia.

No caso de choiva as proxeccións trasladaranse ó Auditorio do Centro Cívico.

 

NOITES NA VILA

Malpica Máxica:

Sábado 5 de xullo, ás  20.30 h. no Paseo marítimo Mago Cristian Magic. Público Preferente: Familiar. Duración: 55 minutos.

Sábado 12 de xullo, ás 20.30 h.  no Paseo marítimo Mago Román García. Público Preferente: Familiar. Duración: 55 minutos.

Sábado 19 de xullo, ás  20.30 h. no Paseo marítimo Magos Rafa e Dani Polo. Público Preferente: Familiar. Duración: 55 minutos.

 Retablo de Fantoches ?Rafael Dieste?:

O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches coa obra ?La Doncella Guerrera? de Rafael Dieste. Así José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís  xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica de Bergantiños as representacións de  monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por  todo o estado. En lembranza daquel  titánico esforzo por levar a cultura a todos os recunchos do estado español bautizamos a nosa pequena mostra co nome de Retablo de Fantoches de Rafael Dieste.

Sábado 2 de agosto, ás  20.30 h. no Paseo marítimo Acuario de Teatro Ghazafelhos e María Canosa. Público Preferente: Familiar. Duración: 50 minutos.

Sábado 9 de agosto ás 20.30 h. no Paseo marítimo Jiñol de Títeres Trompicallo (títeres de luva).Público Preferente: Familiar. Duración: 55 minutos.

Sábado 30 de agosto ás 20.30 h no Paseo marítimo A súa vida de Ledo Teatro (títeres de luva, contacontos, etc.). Público Preferente: nenos de 3 a 12 anos. Duración: 45 minutos.

No caso de choiva as actuacións trasladaranse ó auditorio do Centro Cívico.

 

MÚSICA NA RÚA

Domingo 24 de agosto a partir das 11.00 h.  da mañá e a partir das 17.00h. da tarde en Malpica, BANDA DE MÚSICA DAS PONTES.

 

XIV CONCURSO DE BARCANAS E CASTELOS DE AREA “PRAIA DE AREA MAIOR”

Venres 21 de agosto, a partir das 10.30 horas e ata as 14.00 horas, na praia de Area Maior.

 

OBRADOIROS DE VERÁN

OBRADOIRO DE MANUALIDADES: PINTAR  NA RÚA

Datas de realización: Do 14 ó 25 de xullo (10 sesións)

Horarios: De 11.00 h. a 12.45 h.

Grupos:

Grupo A: de 6 a 10 anos.

Grupo B: de 11 a 14 anos.

Prazas: 10 en cada grupo

Prezo: 11,00 ?

Os días de choiva realizaranse actividades alternativas no Centro Cívico.

 

OBRADOIRO DE DANZA MODERNA: HIP HOP E MODEL JAZZ

Do 28 de xullo ó 8 de agosto (10 sesións), no Auditorio do Centro Cívico.

Horarios: De 11.00 h. a 13.00 h. (os horarios definitivos concretaranse cando estén formados os grupos)

Grupos:

Grupo A: de  6 a 10  anos HIP HOP

Grupo B: de  11 a 17 anos MODEL JAZZ

Prazas: 12 en cada grupo

Prezo da actividade: 11,00 ?