Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O banco de alimentos de Malpica cumpre un ano

19Xul 2014

O banco de alimentos de Malpica cumpre un ano

Unha familia monoparental recibirá todo o mobiliario para a súa casa
540-f-foto

Hoxe cúmprese un ano do primeiro reparto de alimentos que se levou a cabo en Malpica grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia, segundo lembrou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín. O acordo, que foi renovado o pasado mes de abril por doce meses máis, fai posible que vinte familias do municipio reciban todos os meses un lote completo de alimentos frescos e non perecedoiros. O último reparto levouse a cabo onte venres. Nesta ocasión, os veciños que se benefician desta prestación social recibiron leitugas, repolo, ovos, carne de ternera e de cabrito, allo e froita fresca, ademais de pasta, aceite, legumes e salsa de tomate, entre outros produtos envasados.

 

Pero o banco de alimentos, que este ano tamén funcionará no mes de agosto dadas as necesidades sociais existentes, non se limita a garantir produtos alimenticios, senón que tamén cobre outras necesidades. Así, en breve unha familia monoparental  recibirá o mobiliario para a súa casa. Dous dormitorios, mesa e cadeiras de cociña, un armario para o baño e un sofá integran o lote. A esa mesma familia facilitóuselle recentemente a pintura para que puidera adecentar o seu fogar.