Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 19°
16°
Martes 20°
15°
Mércores 19°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica celebrará este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca

16Set 2020

Malpica celebrará este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca

O Concello de Malpica celebrará este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca. Está previsto realizar unha visita guiada ás 12:00 horas no porto de Malpica. As persoas interesadas poden inscribirse no 981 71 15 20 ou no 650 02 10 95.

Ademais, dentro desta xornada, que comeza ás 10:00 horas na sala de conferencias do CAT, terá lugar o faladoiro baixo o título ‘Introdución á elaboración de redes e outras artes de pesca’, e de 11:00 a 12:00 horas visitarase a exposición ‘As redeiras e o mar’ tamén no CAT.

Con esta actividade búscase dar a coñecer un oficio fundamental no ámbito da pesca, un dos sectores máis importantes de Malpica.