A música de Xoán Curiel abre o intenso programa de Noites na Vila
A programación cultural do Concello de Malpica para as fines de semana de xullo e agosto tamén inclúe un ciclo de maxia e outro de monicreques
Música, teatro, maxia… As Noites na Vila encherán de animación o paseo marítimo de Malpica (en caso de choiva as actuacións trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico) durante as fines de semana de xullo e agosto. A programación da Concellería de Cultura, Educación e Turismo comeza forte, nin máis nin menos que co concerto de Xoán Curiel ?Estamos no verán?, unha proposta dirixida ao público infantil e familiar, preferentemente, coa que desfrutará e bailará todo o mundo.
A programación para o verán é a seguinte:
Concerto (paseo marítimo, 20.30 horas)
· Venres 10 de xullo Concerto “Estamos no verán”, de Xoán Curiel
Público preferente: infantil e familiar. Duración 60 minutos.
Malpica Máxica (paseo marítimo, 20.30 horas)
· Sábado 11 de xullo, O Mago Rafa co espectáculo Historias dun ilusionista.
Público preferente: familiar. Duración: 55 minutos.
· Venres 17 de xullo, O Mago Roberto Lolo co espectáculo Magia de cine.
Público preferente: familiar. Duración: 55 minutos.
· Sábado 18 de xullo, O Mago Dani Polo co espectáculo Enmagiarte.
Público preferente: familiar. Duración: 55 minutos.
Retablo de Fantoches Rafael Dieste (paseo marítimo, 20.30 horas)
O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches coa obra “La Doncella Guerrera” de Rafael Dieste. Así José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica de Bergantiños as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por todo o estado. En lembranza daquel titánico esforzo por levar a cultura a todos os recunchos do estado español bautizamos a nosa pequena mostra co nome de Retablo de Fantoches de Rafael Dieste.
· Sábado 1 de agosto. “Lume” de Teatro Babaluva
Público preferente: familiar/ infantil de 2 a 10 anos. Duración: 35 minutos.
· Sábado 8 de agosto. “Rei, rei” de Fantoches baj. (Títeres de luva, variña e actores)
Público preferente: Familiar (+ de 2 anos). Duración: 60 minutos.
· Sábado 29 de agosto. “As mil e unha noites” de Teatro Ghazafelhos
Público preferente: + 5 anos. Duración: 60 minutos.