gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
10°
Sábado 15°
12°
Domingo 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Concellería de Servizos Sociais iniciará o día 18 os cursos de manualidades para maiores e persoas con diversidade funcional

7Set 2015

A Concellería de Servizos Sociais iniciará o día 18 os cursos de manualidades para maiores e persoas con diversidade funcional

As actividades funcionarán durante todo o curso en Malpica e Buño
540-f-foto

A Concellería de Servizos Sociais de Malpica porá en marcha o día 18 os cursos de manualidades para persoas maiores e/ou con diversidade funcional. Segundo informou a concelleira delegada da área, Marisol Blanco Gorín, a presentación das actividades levarase a cabo ese mesmo día nos horarios correspondentes a cada grupo.

 

O obradoiro para persoas con diversidade funcional desenvolverase os luns e os venres, de 10.30 a 12.30 horas, no Centro Cívico de Malpica. Nese mesmo espazo asistirán a clases os maiores todos os martes e os venres de 16.00 a 18.00 horas. Os maiores de Buño reuniranse na Casa do Oleiro todos os mércores e venres de 15.45 a 17.45 horas. As persoas interesadas en participar poden informarse no departamento de Servizos Sociais.