Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
10°
Sábado 13°
Domingo 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Asinado o contrato para a substitución da carpintería exterior da Casa do Oleiro por un importe de 39.000 euros

4Mar 2019

Asinado o contrato para a substitución da carpintería exterior da Casa do Oleiro por un importe de 39.000 euros

casa oleiro

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar coa empresa Groma Obras o contrato para a substitución da carpintería exterior da Casa do Oleiro. No acto tamén estivo presente o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández. A obra, incluída no Plan Único POS+ 2018 Adicional, ten un orzamento de 39.090,56 euros.

Dentro do mesmo plan adicional figuran tamén as obras de mellora do afirmado en camiños públicos de Buño, Boa Vista, A Costa e As Rabuceiras, así coma nas rúas Ventorrillo e Travesía da Camuza, cun orzamento total superior aos 80.000 euros.