Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Deputación da Coruña financiou con 22.000 euros a contratación dunha brigada de limpeza de praias durante o verán de 2020

23Nov 2020

A Deputación da Coruña financiou con 22.000 euros a contratación dunha brigada de limpeza de praias durante o verán de 2020

A Deputación Provincial da Coruña financiou con 22.706,76 euros a contratación dunha brigada de limpeza de praias durante a tempada estival do ano 2020.

A brigada de limpeza de praias estivo composta por 9 peóns e estivo operativa do 25 de xullo ata o 10 de outubro de 2020.

Esta actuou en tódalas praias do Concello de Malpica: Area Maior, Canido, Seaia, Beo, Seiruga, Barizo, Riás, San Miro e As Torradas.

Malpica é un dos principais destinos turísticos da Costa da Morte sendo beneficiarios desta brigada de limpeza de praias todos os veciños e veciñas do Concello, os visitantes e turistas que nos honraron coa súa presenza durante a tempada estival e que puideron contemplar a excelencia das nosas praias e a súa protección medioambiental.