Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 18°
13°
Xoves 16°
12°
Venres 15°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

5Set 2025

O Concello de Malpica presenta a programación cultural e deportiva 2025-2026

O Concello de Malpica de Bergantiños presenta a programación de actividades culturais e deportivas para o curso 2025-2026.
Unha oferta variada que inclúe propostas para todas as idades, co obxectivo de promover a práctica deportiva, a creatividade e a formación ao longo de todo o ano.

O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS ADULTOS/AS

Ximnasia terapéutica (+50 anos)

  • Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 10.30 a 11.15
  • Malpica (Pavillón): martes e xoves de 11.30 a 12.15
    Inicio: 2 de outubro

Ioga (+18 anos)

  • Buño (Casa do Oleiro): mércores de 10.30 a 11.30
  • Malpica (Centro Cívico): mércores de 11.45 a 12.45
    Inicio: 1 de outubro

Pilates (+18 anos)

  • Buño (Casa do Oleiro): martes e xoves de 18.10 a 19.05
  • Malpica (Centro Cívico):
    Grupo I: 19.20 a 20.15
    Grupo II: 20.20 a 21.15
    Inicio: 2 de outubro

Zumba (+16 anos)

  • Buño (Casa do Oleiro): luns e mércores de 18.15 a 19.10
  • Malpica (Centro Cívico): luns e mércores de 19.30 a 20.25
    Inicio: 1 de outubro

Cota: 10,85 €/mes por actividade
Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro

ESCOLAS CULTURAIS

Obradoiro de Arte – 12 €/mes

  • Malpica (Centro Cívico) – Inicio 7 de outubro
    Grupo I (3-6 anos): martes de 16.00 a 17.00
    Grupo II (7-12 anos): martes de 17.00 a 18.00
    Grupo III (+13 anos): martes de 18.00 a 19.00
  • Buño (CEIP JRO) – Inicio 6 de outubro
    Grupo IV (3-6 anos): luns de 16.00 a 17.00
    Grupo V (7-12 anos): luns de 17.00 a 18.00

Animación teatral – 15 €/mes

  • Malpica (Centro Cívico) – Inicio 2 de outubro
    Grupo I (6-8 anos): xoves de 17.30 a 18.30
    Grupo II (9-11 anos): xoves de 18.30 a 19.30
    Grupo III (+12 anos): xoves de 19.30 a 20.30
  • Buño (CEIP JRO) – Inicio 2 de outubro
    Grupo IV (6-11 anos): xoves de 16.00 a 17.00

Robótica – 15 €/mes

  • Malpica (Centro Cívico) – Inicio 1 de outubro
    Grupo I (4-8 anos): mércores de 18.00 a 19.00
    Grupo II (9-14 anos): mércores de 19.00 a 20.00
  • Buño (CEIP JRO) – Inicio 1 de outubro
    Grupo III (4-8 anos): mércores de 15.30 a 16.30
    Grupo IV (9-14 anos): mércores de 16.30 a 17.30

Obradoiro de Coiro (+18 anos) – 18 €/mes

  • Casa da Cultura de Seaia
    Inicio: 2 de outubro
    Xoves de 18.00 a 20.00

Obradoiro de Barro

  • Taller de olería da Casa do Oleiro, Buño
    Grupo I (Modelado 6-12 anos): 12 €/mes – venres de 19.30 a 20.30 – inicio 3 de outubro
    Grupo II (Torno e modelado +13 anos): 15 €/mes – sábados de 10.00 a 11.30 – inicio 4 de outubro

Información e inscricións: Oficinas xerais – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro
Máx. 15 prazas e mín. 10 por grupo (excepto Obradoiro de Coiro: máx. 10, mín. 8)

EMEF (Escola Municipal de Educación Física)

Patinaxe – Inicio 2 de outubro

  • Grupo I (nados 2017-2020): xoves de 17.15 a 18.10
  • Grupo II (nados 2011-2016): xoves de 18.15 a 19.10

Atletismo – Inicio 3 de outubro

  • Nados entre 2012 e 2017: martes e venres de 16.00 a 16.55

Ximnasia rítmica – Inicio 1 de outubro

  • Nados entre 2014 e 2020: mércores de 16.00 a 16.55

Volei – Inicio 3 de outubro

  • Nados entre 2009 e 2013: martes e venres de 17.00 a 17.55

Multideporte (nados 2014-2020)

  • Buño: xoves de 16.00 a 16.55 – inicio 2 de outubro
  • Malpica: venres de 18.00 a 18.55 – inicio 3 de outubro

Judo – Inicio 6 de outubro

  • Grupo I (nados 2019-2022): luns de 16.30 a 17.25
  • Grupo II (nados 2014-2018): luns de 17.30 a 18.25
  • Grupo III (nados 2009-2013): luns de 18.30 a 20.25

Cota: 17,36 €/actividade
Información e inscricións: Departamento de Deportes – Tel. 981 720 001
Horario: 9.00 a 14.00 – A partir do 8 de setembro
Todas as actividades serán no Pavillón Municipal de Malpica, agás Multideporte dos xoves (CEIP Joaquín Rodríguez Otero).

Nota importante: Os horarios poderán ser modificados en función das persoas inscritas.

1Set 2025

O Concello de Malpica impulsa un programa de actividades para fomentar o envellecemento activo das persoas maiores

O Concello de Malpica vén de anunciar a posta en marcha dun programa de actividades dirixidas ás persoas maiores do municipio, co obxectivo de fomentar o seu benestar, estimular as súas capacidades e ofrecer espazos de encontro e lecer. 

As propostas inclúen talleres de manualidades, memoria e ortografía, con horarios adaptados e localizacións tanto en Malpica como en Buño.

Os talleres son os seguintes:

Taller de Manualidades

  • Buño · Martes e xoves, de 15:45 a 17:45 h, na Casa do Oleiro
  • Malpica · Martes e xoves, de 18:00 a 20:00 h, no Centro Cívico
  • Comezo: 3 de outubro

Taller de Memoria

  • Buño · Venres, de 10:30 a 12:00 h, no CAT (antigo Centro Comarcal)
    · Comezo: 26 de setembro
  • Malpica · Martes, de 10:30 a 12:00 h, no Centro Cívico
    · Comezo: 30 de setembro

Taller de Ortografía

  • Buño · Mércores, de 10:30 a 12:00 h, no CAT (antigo Centro Comarcal)
  • Comezo: 1 de outubro

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do 8 de setembro, chamando ao teléfono 981 720 280 ou acudindo directamente ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica.

Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso co envellecemento activo, ofrecendo actividades que favorecen a creatividade, a aprendizaxe e a socialización.

19Xuñ 2025

Malpica ofrece obradoiros gratuítos de barro para nenos no Forno do Forte durante o verán

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza este verán obradoiros gratuítos de barro dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no Ecomuseo Forno do Forte.
As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, de martes a venres, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Non é precisa inscrición previa, pero os menores deberán acudir acompañados dun adulto.
A iniciativa, que se enmarca no programa “Malpica Verán 2025”, pretende achegar aos máis novos á tradición oleira, promovendo o coñecemento e a creatividade a través do barro.

17Xuñ 2025

Presentación do libro La ruta de Eulogio, de Sandra Aldao Pereira, no Centro de Artesanía e Tradición de Buño

O Centro de Artesanía e Tradición de Buño acollerá o vindeiro venres 20 de xuño ás 20:00 h a presentación da obra La ruta de Eulogio, un traballo de investigación asinado por Sandra Aldao Pereira, profesora de ESO e filóloga, que impartiu docencia en Buño entre os anos 1992 e 1995.

A actividade será aberta ao público ata completar aforo.

Esta obra marca o debut como autora de Sandra Aldao Pereira, natural de Carballo, quen presenta unha investigación ensaística arredor dun crime real acontecido hai 110 anos no Concello da Laracha, coas peculiaridades dun único testemuña: un cruceiro. O traballo recupera este feito histórico a través de novas achegas documentais e reflexivas.

Sobre a autora:

  • Diplomada en Maxisterio pola Universidade da Coruña.
  • Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Diplomada en Teoloxía para Segrares pola Universidade Pontificia de Comillas.
  • Diplomada en Ciencias Relixiosas pola Universidade de Salamanca.
  • Profesora de ESO en Coristanco desde 1998, con experiencia en centros de Buño, Razo, Carballo, Cabana e A Laracha.
  • No ano 1993 publicou a tradución ao galego da obra O segredo na muller, coa que concorreu ao Premio Ramón Cabanillas.
  • Participou como poñente no Simposio Internacional de Linguas e Culturas coa intervención Explotación didáctica dunha escena de teatro.
16Xuñ 2025

Este verán, surfea na praia de Area Maior de Malpica

A praia de Area Maior de Malpica acollerá este verán actividades de surf organizadas polo Concello de Malpica de Bergantiños. A iniciativa ofrece catro quendas ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto, cun total de 21 prazas dispoñibles en cada unha delas. A actividade está dirixida tanto a nenos e nenas de 7 a 16 anos como a persoas adultas a partir dos 16 anos, con horarios e tarifas diferenciadas.

Na primeira quenda, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 4 de xullo, as sesións para a mocidade terán lugar os luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00, cun custo de 60 euros. As clases para adultos celebraranse os martes e xoves de 18:00 a 20:00, cun prezo de 40 euros. A data límite de inscrición para esta quenda é o martes 24 de xuño.

A segunda quenda terá lugar do 7 ao 11 de xullo, mantendo os mesmos horarios e tarifas: de luns a venres para a rapazada e os martes e xoves para adultos. O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 1 de xullo.

Xa en agosto, a terceira quenda desenvolverase do 4 ao 8. As clases para participantes de 7 a 16 anos realizaranse os luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00, e para adultos, os martes e xoves de 18:00 a 20:00. O último día para inscribirse será o martes 29 de xullo.

A cuarta e última quenda está programada do 11 ao 15 de agosto, mantendo as mesmas condicións de horarios e prezos. Neste caso, a data límite de inscrición será o martes 5 de agosto.

Estas sesións de surf representan unha oportunidade única para iniciarse ou mellorar nesta disciplina deportiva nun entorno privilexiado como é a praia de Area Maior, nun programa estruturado e guiado por profesionais.

12Xuñ 2025

Instancia xeral CACHARELA SAN XOÁN

O permiso para realizar fogueiras durante o San Xoán poderá solicitarse ata o 19 de xuño

NORMAS  REALIZACIÓN CACHARELA   “  SAN XOAN” :

  • Na  zona  urbana, o volume  de  combustible  do lume no sobre pasará  os 3 mts de perímetros  nin o metro ( 1 metro) de altura. No rural non poderá exceder os  6 metros  de  perímetro nin os  3  metros  de altura.
  • A separación entre as  cacharelas  e  os edificios, árbores, vehículos e  mobiliario urbán serán como mínimo 12 metros, agás no casco urbano.
  • Porase  especial coidado  de non situalas baixo tendidos eléctricos  ou  telefónicos,  así  como que nos arredores non exista ningún  local no que se  almacén de  produtos  inflamables
  • Queda prohibida  a queima de rodas, plásticos, escumas de  poliuretano, aceites e, de  xeito xeral, calquera substancia que  ao arder desprenda  fume  tóxico.
  •  O material de combustión  serán : leña, polas, toro de  árbores  e madeiras  vellas etc.
  • En  ningún  caso  se  botarán  ao lume recipientes que  conteñan líquidos  inflamables ou  gases  a presión ( areosois) aínda  que  estean  baleiros.
  • As  persoas  interesadas na  celebración da cacharela  de San Xoán,  deberán presentar  a  correspondente  comunicación  no Concello por  rexistro de  entrada  ou Sede Electrónica  comunicando  a  celebración da  mesma e  lugar.  Debendo  en  todo momento vixiar o  lume ata  que estea  totalmente apagado. Para asegurarse de  que  quede  totalmente  apagado  deberán empapar  a cinza  con  auga.
  • As  persoas interesadas en montar unha  cacharela  deberán coidar  os  arredores  e coñecer  o  número  de  Emerxencias (112) e  o  de  incendios (085). Ademais  terán preto do  lume  unha  mangueira  ou  auga  suficiente  en  recipientes para  apagar  o mesmo en caso de  que  se  extenda   co  fin de  evitar  un  incendio  ou  a súa  propagación .-
  • A presentación da  solicitude de comunicación  de celebración da caharela non exime  das responsabilidade por  danos  ou  perdas que  procedan no  caso  de  incendio cando concorra  neglixencia, imprudencia  ou  incumprimentos  das normas  ditadas.-
21Mai 2025

Malpica, epicentro do Día das Letras Galegas 2025 na homenaxe ás Pandeireteiras de Mens

As Torres de Mens, en Malpica de Bergantiños, convertéronse este 17 de maio no epicentro da celebración do Día das Letras Galegas 2025. Este emblemático enclave acolleu o acto institucional organizado pola Xunta de Galicia, que deu inicio a unha xornada cargada de simbolismo, emoción e compromiso coa lingua e a cultura galegas.A cerimonia estivo conducida por Icía Varela, que guiou o acto con sensibilidade e solvencia. A apertura correu a cargo da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda e a Asociación Cultural Malante que foron as e os encargados de amenizar musicalmente o evento. Entre os asistentes estiveron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga e a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro; ademais de numerosos representantes municipais da comarca e outras autoridades.

O rexedor malpicán, Eduardo Parga, destacou a honra que supuña para el e para o municipio acoller unha celebración tan significativa, e subliñou o valor que a lingua galega ten como elemento de identidade compartida.Parga referiuse tamén ás homenaxeadas deste ano, as Pandeireteiras de Mens, ás que definiu como “memoria viva” da fala e da música tradicionais.

Apuntou que lograron converter a pandeireta e a copla nunha verdadeira forma de estar no mundo. Aproveitou tamén para agradecer á Real Academia Galega a escolla de Malpica como sede dos actos centrais, así como aos veciños, polo seu apoio constante a este tipo de celebracións.O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo poñer en valor a beleza natural do lugar escollido e celebrou e agradeceu ás propietarias das Torres de Mens a súa colaboración para poder levar a cabo o evento.Rueda lembrou a importancia do legado das pandereteiras de Malpica, das que dixo que representan o talento presente en cada recuncho do país. E apelou a un pacto pola lingua baseado no consenso e no reforzo positivo, asegurando que o futuro do galego pasa por fuxir de imposicións e apostar polo acordo.Os actos continuaron no Centro Cívico de Malpica, onde a Real Academia Galega celebrou unha homenaxe ás cantareiras, símbolo da tradición oral que mantén viva a lingua.

Alí, á entrada, a música foi a cargo da Asociación Cultural e deportiva Carcaxía. As protagonistas do acto foron as Pandeireteiras de Mens, Rosa e Adolfina Casás Rama (de Cerceda) e Eva Castiñeira (de Muxía).A RAG puxo o foco no papel das mulleres na transmisión da poesía oral popular, ás que definiu como exemplo de forza, saber e identidade colectiva. A académica Ana Boullón, promotora da edición deste ano, resumiu o espírito da xornada asegurando que se trataba de celebrar o pasado cunha mirada posta no futuro. No seu primeiro discurso como presidente da RAG, Henrique Monteagudo pediu unha reformulación profunda da política lingüística, que sitúe a infancia e a mocidade no centro das accións.

Apostou por un discurso entusiasta e de compromiso real coa lingua, afastado de polémicas estériles, e centrado na normalización efectiva do galego.As Tanxugueiras foron as encargadas de abrir o acto cunha actuación na que agradeceron o legado das mulleres que lles transmitiron a lingua e a música. Reivindicaron a importancia de seguir defendendo o galego como lingua propia.No pleno académico interviñeron tamén Antón Santamarina e Xesús Alonso Montero. Ambos puxeron en valor a riqueza do cancioneiro popular e a súa pegada en figuras senlleiras como Rosalía de Castro. Santamarina evocou os seus anos de infancia na Fonsagrada, onde aprendeu cantares tradicionais que logo contribuiría a recoller e estudar da man da etnomusicóloga Dorothé Schubarth.A RAG personalizou a homenaxe en sete mulleres sen títulos nin formación académica, pero cun profundo coñecemento transmitido de xeración en xeración. Mulleres do rural, que malia ter vivido á marxe das normas sociais ou verse obrigadas a emigrar, conservaron vivo o fío da tradición.Monteagudo pechou a intervención apelando ao espírito de Castelao e de Rosalía, e afirmou que o exemplo das cantareiras segue vivo nas novas xeracións. Para o presidente da RAG, representan unha enerxía colectiva que nunca desaparece.Para pechar o acto, a voz de Icía Varela cantando o himno galego e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira Noelia Freijeiro obsequiaron aos presidentes da RAG e a Xunta con unhas pezas de barro de Buño.