Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

2Xan 2026

O Concello de Malpica mellora os camiños municipais en O Campelo e A Xesteira cun investimento de máis de 76.000 euros

O Concello de Malpica vén de executar actuacións de mellora en camiños municipais nas zonas de O Campelo (Barizo) e A Xesteira (Cambre), cun investimento total de 76.360,66 euros.

Estas actuacións están incluídas no Plan de Camiños Rurais 2025-2026 da Xunta de Galicia, un programa destinado a reforzar as infraestruturas viarias no medio rural e a garantir unhas comunicacións máis seguras e eficientes para a veciñanza.

Os traballos realizados permitiron mellorar o estado do firme, incrementar a seguridade viaria e facilitar o acceso ás vivendas e parcelas destas zonas, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e ao mantemento do territorio.

Desde o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de investimentos para seguir avanzando na conservación e modernización da rede de camiños municipais, especialmente nas áreas rurais, fundamentais para a actividade diaria da veciñanza e para o desenvolvemento económico e social do municipio.

30Dec 2025

O Concello de Malpica remata as obras de mellora do firme nos accesos aos núcleos de Loroxo e Algadán

O Concello de Malpica ven de rematar as obras de mellora do firme existente nos accesos aos núcleos de Loroxo e Algadán, situados na parroquia de Cerqueda, unha actuación que permite optimizar a seguridade viaria e as condicións de tránsito nestas vías de uso diario para a veciñanza.

Os traballos consistiron na rehabilitación do pavimento, solucionando o deterioro existente e garantindo unha circulación máis cómoda e segura, especialmente en épocas de choiva e maior desgaste do firme.

Esta actuación contou cun investimento total de 126.256,99 euros e está incluída no POS+ Adicional 2/2024, dentro do plan de cooperación cos concellos da Deputación da Coruña.

Dende o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de intervencións, que contribúen a mellorar as infraestruturas básicas no rural e a calidade de vida da veciñanza, reforzando o compromiso municipal coa conservación e mantemento da rede viaria en todas as parroquias do municipio.

29Dec 2025

O Concello de Malpica pon á disposición da veciñanza o calendario municipal 2026

Desde mañá, 30 de decembro, estará dispoñible o calendario municipal 2026 do Concello de Malpica, elaborado coas fotografías gañadoras do I Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”.

O calendario recolle unha selección de imaxes que amosan diferentes espazos e paisaxes do municipio, tomadas polas persoas participantes no certame, co obxectivo de poñer en valor a contorna natural de Malpica.

As veciñas e veciños interesados poden recoller un exemplar na Casa do Concello ou solicitalo a calquera membro do goberno municipal.

Desde o Concello agradécese a participación de todas as persoas que concorreron nesta primeira edición do concurso fotográfico.

16Dec 2025

O Concello de Malpica de Bergantiños dota á Policía Local dun novo vehículo grazas a unha subvención autonómica

O Concello de Malpica de Bergantiños incorporou un novo vehículo ao parque móbil da Policía Local, co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos de seguridade cidadá e reforzar os medios materiais do corpo policial. A adquisición do vehículo foi posible grazas a unha subvención competitiva concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, no marco do Fondo de Compensación Ambiental 2025, cunha contía total de 32.186 euros.

Este novo recurso permitirá optimizar os desprazamentos, incrementar a capacidade de resposta ante incidencias e mellorar as condicións de traballo da Policía Local, redundando nun servizo máis eficaz e próximo para a veciñanza.

Desde o Concello de Malpica de Bergantiños destácase a importancia deste tipo de axudas, que permiten ás administracións locais continuar investindo en seguridade, modernización e mellora dos servizos públicos, contribuíndo así ao benestar e á calidade de vida da cidadanía.

5Dec 2025

O Concello de Malpica presenta a Programación de Nadal 2025-2026


O Concello de Malpica de Bergantiños dá a coñecer a súa Programación de Nadal 2025-2026, un calendario composto por actividades culturais, educativas, solidarias, deportivas e familiares que se desenvolverán entre os meses de novembro e xaneiro en distintos espazos do municipio. A programación inclúe actividades en colaboración coas asociacións culturais, deportivas, educativas e sociais do Concello.

Concursos e exposicións iniciais

Do 1 ao 15 de decembro, o Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición Prestixe 20 anos, e entre o 8 de decembro e o 8 de xaneiro poderá visitarse no Fogar do Pensionista a Exposición de Belén de Amigurumis, obra de Marta Rojo Amigo.
Do 16 de decembro ao 18 de xaneiro, o mesmo espazo expositivo do Centro Cívico acollerá a mostra Letras cantadas, coa colaboración do Concello de Carballo.

Primeiros actos destacados

Hoxe 5 de decembro terá lugar a entrega de premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal nos centros CEIP JRO Buño, CEIP Milladoiro, IES Urbano Lugrís e Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro.

O 7 de decembro, ás 19.30 horas, na Praza Anselmo Villar Amigo, celebrarase o acendido de luces, acompañado dunha chocolatada, a instalación da Caixa do Correo Real e a colocación dos adornos na árbore de Nadal.

Actividades de decembro

  • 13 de decembro (sábado): Charla e vieiro de etnomedicina O uso das herbas medicinais, a cargo da farmacéutica María Moure (María das herbas), dentro do proxecto ECO DE SOL. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
  • 14 de decembro (domingo): Xornada benéfica de recollida de xoguetes no Campo de Fútbol de Pedra Queimada. Organiza: Sporting Seaia.
  • 17 de decembro (mércores): Visita do Carteiro Real aos centros de ensino:
    • 11.00 Galiña Azul de Cerqueda
    • 11.30 CEIP JRO
    • 12.00 CEIP Milladoiro
    • 13.00 Escola Unitaria de Mens
      Colabora: Sporting Seaia.
  • 19 de decembro (venres): Espectáculo A alfombra máxica de Títeres Babaluva, ás 17.00 no Auditorio do Centro Cívico. Para bebés ata 3 anos (prazas limitadas).
  • 20 de decembro (sábado):
    • Xornada benéfica de recollida de víveres no Campo de Fútbol de Xaviña (UD Cerqueda).
    • Ás 17.30, colocación dunha placa en homenaxe ás Pandereteiras de Mens, con actuacións da AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante.
    • Ás 19.00, na Igrexa de Mens, presentación do disco Mens de Icía Varela.
  • 21 de decembro (domingo): Contos arredor do lume, por Alba de Vales. Ás 17.00 no Salón de Actos da Casa do Pescador. Para público infantil desde 4 anos.
  • 22 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón do CEIP JRO, de 17.00 a 19.30. Colabora: ANPA Xaviña.
  • 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro: Campamento de Nadal en Seaia (Casa da Cultura de Seaia), de 9.00 a 14.00 para crianzas de 4 a 12 anos. Organiza: A.C.D Carcaxía.
  • 23 de decembro (martes):
    Torneo de bádminton e pickleball, desde as 10.30 no Pavillón Municipal.
    Obradoiro de Redeiras e visita ás instalacións portuarias, na Casa do Pescador, de 16.30 a 18.30, para nenas/os de 3 a 12 anos.
  • 24 de decembro (mércores):
    Papa Noel recibirá ás crianzas desde as 18.00 na Fonte de Anselmo Villar Amigo.
    • Recollida de agasallos de 10.00 a 13.00 na entrada das oficinas da Policía Local.
    Organiza: AC Malante.
  • 26 de decembro (venres):
    • Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
    Contos, Cantos e Bailes de Nadal no Centro Sociocultural das Pozacas, desde as 20.00. Organiza: AC Raigañas.
  • 27 de decembro (sábado):
    Día da Convivencia coa xente miúda con obradoiros, xogos e visita do Pendigueiro, de 11.00 a 13.30 no Centro Sociocultural das Pozacas.
    V Foliada de Cantos de Nadal no Auditorio do Centro Cívico:
    • 20.30: ACD Carcaxía e AC Malante
    • 21.00: Concerto dos Viqueiras
  • 28 de decembro (domingo):
    Obradoiro de Origami Tradicional, 11.00–13.00 no Centro Cívico.
    • Espectáculo Contamos contos de medo? ás 17.00 na Casa do Pescador.
  • 29 de decembro (luns): Festa infantil con inchables no Pavillón Polideportivo, 17.00–19.30. Colabora: ANPA Ventorrillo.
  • 30 de decembro (martes):
    Xogos multideportivos, de 10.30 a 13.30 no Pavillón Municipal.
    Obradoiro de Redeiras no CAT de Buño, de 16.30 a 18.00.
  • 31 de decembro (mércores):
    VIII San Silvestre Malpicana, con percorridos infantil e sénior.
    Baile de Fin de Ano, no Auditorio do Centro Cívico, de 23.45 a 4.00, coa actuación do Trío Rosel.

Programación de xaneiro

  • 2 de xaneiro (venres): Obradoiro de adornos de Nadal na Casa do Pescador, 17.00–19.00.
  • 3 de xaneiro (sábado):
    • Obradoiro de Origami Modular (11.00–13.00, Centro Cívico).
    • Representación teatral “Entre Dos”, ás 20.00 no Auditorio do Centro Cívico (a partir de 14 anos).
  • 4 de xaneiro (domingo): Contos para a primeira infancia por Cris de Caldas, ás 17.00 na Biblioteca Eduardo Blanco Amor.
  • 5 de xaneiro (luns): chegada dos Reis Magos a:
    • Buño, ás 17.30 (igrexa de Santo Estevo)
    • Malpica, ás 19.00
    Ademais, percorridos en Cerqueda e Cambre (desde as 16.00), e en Leiloio (desde as 18.30).
  • 6 de xaneiro (martes): Chegada dos Reis Magos a:
    • Santiso (10.30), Beo (11.00), Mens (11.30), Barizo (12.00) e Seaia (13.45).
  • 10 de xaneiro (sábado): Inchables no campo da festa de Seaia ás 17.30.
1Dec 2025

Malpica presenta as fotografías gañadoras do I Concurso “Malpica, natureza en olladas”

O Concello de Malpica de Bergantiños deu a coñecer as imaxes gañadoras do I Concurso Fotográfico “Malpica, natureza en olladas”, unha iniciativa destinada a poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural do municipio. As obras seleccionadas polo xurado ilustrarán o Calendario Municipal de 2026.

A fotografía “Nai Carrexeira”, realizada por Javier Villaverde, foi escollida como gañadora da portada e recibirá o primeiro premio, dotado con 200 euros. Xunto a ela, outras doce imaxes foron premiadas con 60 euros cada unha e corresponderán aos meses do próximo ano.

As obras seleccionadas son:
• Xaneiro: “Cocendo os soños dos nosos alfareiros”, de Rafael Quintáns


• Febreiro: “O faro na noite”, de Antonio Fernández


• Marzo: “Malpica”, de Andrés García


• Abril: “O máxico percorrido do Rego dos Muíños”, de Juanpa Ameneiron


• Maio: “Torres de Mens”, de Eva Álvarez


• Xuño: “A fonte de Santo Hadrián”, de Laura Martínez


• Xullo: “A praia das Torradas desde unha cova”, de Jennifer Thompson


• Agosto: “Mans expertas”, de Martiño Pinal


• Setembro: “Pico de Navás”, de Lucía Cambeiro


• Outubro: “Temporal no porto”, de Manuel Gómez


• Novembro: “De cara aos Muíños”, de Pablo Briones


• Decembro: “Solpor desde as rochas”, de Josema F. Roel

O xurado, integrado por Noelia Freijeiro Novo, Rodrigo Mato Garrido e Irina Bastón Varela, destacou a calidade técnica das propostas, así como a súa capacidade para reflectir a identidade paisaxística e patrimonial de Malpica.

Desde o Concello expresouse un agradecemento especial a todas as persoas participantes pola súa implicación e pola contribución á difusión do patrimonio natural e cultural da localidade.

27Nov 2025

O Concello de Malpica organizará diversas actividades de educación ambiental na tempada de verán

O Concello de Malpica levará a cabo un programa de actividades orientadas á concienciación e protección do medio ambiente. A iniciativa inclúe accións de limpeza, obradoiros e propostas lúdico-educativas abertas á participación cidadá que se levarán a cabo na tempada de verán do 2026.

Actividade 1 -Limpeza do litoral (Malpica libre de plasticos) na praia Area Maior

Actividade 2- Limpeza do litoral (Malpica libre de plásticos) na praia de Canido

Actividade 3- Concurso de Barcanas e Castelos 2026 (Especial concienciación Medio Ambiente)

Actividade 4- Obradorio de concienciación ambiental (Asociación Ambiental Senda Nova)

Actividade 5- Roterio entre a praia de Area Maior (Bandeira Azul) e a Senda Azul (Sendeiro Santo Hadrián). Actividade de conceinciación ambiental.

22Nov 2025

Nuria Vil gaña o XX Certame Literario Illas Sisargas de Poesía Erótica con Desobedencia

Malpica de Bergantiños foi onte escenario da entrega do XX Certame Literario Illas Sisargas de Poesía Erótica, organizado pola Asociación Cultural Caldeirón, nun acto que reafirma a consolidación deste premio no panorama literario galego. A obra Desobedencia, da autora Nuria Vidal Prado (Núria Vil), resultou gañadora entre as 19 obras presentadas nesta edición.

A cerimonia celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica, onde a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, abriu o acto destacando o carácter participativo e a potencia expresiva da poesía erótica. “O noso agradecemento máis sincero vai para todas as persoas que enviaron as súas creacións. É un acto de xenerosidade compartir algo tan íntimo; é converter a experiencia en arte. Por suposto, grazas á Asociación Cultural Caldeirón, que un ano máis nos permite acompañarvos nesta viaxe. Parabéns á persoa premiada desta edición e tamén ao resto das participantes: sodes quen mantedes viva esta celebración e quen nos lembrades que a poesía é un lugar no que todos podemos arder un pouco sen queimarnos”.

A continuación, Paco de Tano deu lectura ao fallo e ás valoracións do xurado, do que tamén formaron parte María Lado e o crítico literario Francisco Fernández, resultando elixida como gañadora a obra Desobedencia, de Nuria Vidal Prado.

Tras recibir o galardón, Nuria Vil expresou a súa satisfacción polo recoñecemento e destacou a especial ilusión que lle produce este premio. Ademais, anunciou que “Desobedencia” incluirá imaxes dunha curtametraxe de Iria Silvosa, unha proposta que procura establecer un diálogo artístico entre a palabra poética e a linguaxe audiovisual.

19Nov 2025

O Concello convoca un acto de lembranza polo 25N con 36 velas en memoria das vítimas de violencia machista

O Concello convida á cidadanía a participar no acto conmemorativo que se celebrará mañá, 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Praza Villar Amigo, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante o encontro acenderanse 36 velas en memoria das mulleres asasinadas en 2025, un xesto simbólico co que se pretende honrar as vítimas da violencia machista e manter vivo o seu recordo. O acto estará acompañado do lema «Lémbrámolas con luz, non con silencio», que subliña a importancia de non calar ante esta realidade e reforza o compromiso público fronte a esta forma de violencia.

O Concello destaca que a convocatoria pretende visibilizar a dimensión social deste problema, promover a reflexión colectiva e reclamar a implicación de toda a comunidade na defensa da igualdade, da liberdade das mulleres e do dereito a vivir sen medo.

O Concello convida á cidadanía a participar no acto conmemorativo que se celebrará mañá, 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Praza Villar Amigo, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante o encontro acenderanse 36 velas en memoria das mulleres asasinadas en 2025, un xesto simbólico co que se pretende honrar as vítimas da violencia machista e manter vivo o seu recordo. O acto estará acompañado do lema «Lémbrámolas con luz, non con silencio», que subliña a importancia de non calar ante esta realidade e reforza o compromiso público fronte a esta forma de violencia.

O Concello destaca que a convocatoria pretende visibilizar a dimensión social deste problema, promover a reflexión colectiva e reclamar a implicación de toda a comunidade na defensa da igualdade, da liberdade das mulleres e do dereito a vivir sen medo.

Así mesmo, infórmase de que o martes 25 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar a lectura do manifesto institucional, como parte do compromiso político e social coa erradicación da violencia machista.

17Nov 2025

COMUNICADO OFICIAL: Adiamento da Cea das Letras

Por motivos alleos á nosa vontade, vémonos na obriga de adiar a Cea das Letras.

O nome da autora ou autor gañador, así como a obra premiada, farase público nun acto oficial que terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Malpica o venres 21 de novembro ás 19:00 horas.

Agradecemos a vosa comprensión e agardamos contar coa vosa presenza neste acto.