Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Aberto o prazo para solicitar as axudas ás entidades culturais sen ánimo de lucro, ás entidades deportivas e ao fomento do deporte individual para o ano 2022.

30Nov 2022

Aberto o prazo para solicitar as axudas ás entidades culturais sen ánimo de lucro, ás entidades deportivas e ao fomento do deporte individual para o ano 2022.

No caso das entidades culturais, as subvencións están dirixidas a aquelas entidades tanto culturais como educativas sen ánimo de lucro dirixidas á formación e á promoción no campo de actividades como a música, a danza, o teatro e a maxia; tamén ás que están vinculadas coa literatura, a fotografía, o cine, as creación audiovisuais, a promoción da lingua galega…

Para poder beneficiarse delas deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións ou ter solicitada a súa inscrición e, ademais, non serán subvencionadas se xa recibiron algún outro tipo de axuda do Concello de Malpica.

O importe global das axudas é de 20.000€ e o prazo para solicitas as bonificacións remata en 15 días.

No referido ás axudas ao fomento do deporte individual, o prazo para pedilas remata en 10 días e a cantidade total máxima das subvencións convocadas é de 5.000 €.

Para poder beneficiarse dela é necesario estar rexistrado no Concello de Malpica cun mínimo de dous anos consecutivos de experiencia no momento da solicitude. Ademais, a persoa solicitante debe competir durante ese mesmo ano en probas ou eventos deportivos de importancia rexional, nacional ou internacional, entre outros requisitos. Ademais, ao igual que coas axudas ás entidades culturais, a persoa solicitante quedará excluída da convocatoria se xa recibiu outras axudas por parte do Concello de Malpica.

Por último, no caso das subvencións para o fomento das actividades deportivas das entidades deportivas do ano 2022, poderán recibilas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, asociacións de ámbito local con personalidade xurídica propia, asociación que desenvolvan as súas actividades no termo municipal…

Subvencionaranse os gastos derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores da entidade… entre outros.

O prazo para poder solicitalas remata en 10 días e a cantidade percibida non poderá ser superior ao 80% do presuposto de gastos. O importe global para as subvención será de 20.000€.

Calquera dos tres tipos de axudas pódense solicitar a través do Rexistro Electrónico do Concello de Malpica: https://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html