Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 18°
12°
Luns 17°
13°
Martes 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O SERGAS realizará un cribado en Malpica para a poboación de rango de idade de 18 a 60 anos e citará a 2550 persoas

3Feb 2021

O SERGAS realizará un cribado en Malpica para a poboación de rango de idade de 18 a 60 anos e citará a 2550 persoas

A partir de mañá, xoves 4 de febreiro, e ata o sábado 6 de febreiro, o SERGAS realizará un cribado no Concello de Malpica para a poboación de 18 a 60 anos, citando así a 2500 persoas.

Acudirase coa cita a través de SMS e será no Centro de Saúde da localidade, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Realizaranse test PCR para detectar posibles casos activos da COVID-19.

Desde o Concello de Malpica garántese a total colaboración coas autoridades sanitarias para que a organización destas probas durante as tres xornadas se desenvolvan “coas maiores facilidades” tanto para o persoal sanitario como para a veciñanza que acuda á realización dos test.