Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 12°
Luns 15°
10°
Martes 16°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Rematadas as obras de mellora de pavimentación dos camiños As Vistas e Os Medros

22Out 2024

Rematadas as obras de mellora de pavimentación dos camiños As Vistas e Os Medros

O Concello de Malpica finaliza a pavimentación e sinalización destas vías clave, cun investimento de máis de 46.000 euros para mellorar a seguridade e a accesibilidade na zona rural

O Concello de Malpica de Bergantiños informa que veñen de rematarse as obras de mellora de pavimentación nos camiños As Vistas e Os Medros, situados na parroquia de Seaia. Estas actuacións foron realizadas no marco da 1ª Fase do POS Adicional 2/2023, cun orzamento total de 46.630,21€ IVE incluído, e foron executadas pola empresa Contratista Construcciones López Cao S.L.

Os traballos levados a cabo incluíron a limpeza de cunetas, formación de arcenes, perfilado de taludes, desbroce e mellora da superficie dos camiños mediante a colocación de zahorra artificial e unha capa de rodadura de 5 cm de espesor. Así mesmo, procedeuse á sinalización horizontal e á colocación de sinais viarias reflexivas para mellorar a seguridade na zona.

Esta intervención forma parte do compromiso do Concello de Malpica de seguir mellorando as infraestruturas locais.