Quince entidades e centros educativos colaboran co Concello de Malpica na organización das actividades de Nadal
A Asociación Cultural Malante, Asociación Cultural Raigañas, Asociación Cultural Carcaxía, Asociación Cultural e Deportiva San Xulián, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, A. VV. Pobo Alfareiro, A. C. A Feira, A. V. S. O Brizo, Asociación Veciñal Río de San Antonio, A. VV. de Leiloio, CEIP Milladoiro, CEIP JRO, CRA Nosa Señora do Faro e A Galiña Azul de Aldeola son as 15 entidades e centros educativos que colaboran coa Concellería de Educación, Cultura e Turismo, que dirixe Noelia Freijeiro, na organización das actividades de Nadal.
A programación xa comezou con iniciativas tan ben acollidas como a presentación do poemario “Ollares”, de Ricardo Seixo, o domingo pasado en Cerqueda. Pero aínda queda moito Nadal por vir. Aquí tedes todas as citas:
Día 15 de Nadal (xoves)
- Entrega dos premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal
Ás 11.15 h. no CEIP Milladoiro, ás 12.00 h. no CEIP Xaquín Rodríguez Otero e ás 12.45 h. na Escola Unitaria de Mens.
Colaboran: CEIP Milladoiro e CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Día 17 de Nadal (Sábado)
- Nadal Xogo: Festa Infantil, visita de Papá Noel e Chocolatada a partir das 16.00 h. ata ás 20.00 h. na Casa dos Veciños de Leiloio (A Raxeira). Colabora: A. VV. de Leiloio
- Obradoiro de adornos de Nadal de 10.30 h. a 12.30 h. nas Escolas Vellas de Buño. Para rapaces/as de 3 a 16 anos. Límite de prazas. Organiza: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Día 18 de Nadal (domingo)
- Nadal Xogo: Tómbola Infantil de Nadal ás 17.00 h. no Pavillón Polideportivo de Malpica. Imprescindible entrar con zapatillas de deporte. Organiza: A. C. Malante
Día 20 de Nadal (martes)
- Os Reis Magos visitarán o CEIP Milladoiro de Malpica ás 10.30 h. Colabora: CEIP Milladoiro.
Día 21 de Nadal (mércores)
- O Carteiro Real visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero ás 10.15 h.
- Actuación de Maxia, ás 10.30 h. para alumnos/as do CEIP Milladoiro, no Auditorio do Centro Cívico e Chocolatada, ás 12.00 h. no Patio do CEIP Milladoiro. Organiza: ANPA Ventorrillo.
- Papá Noél visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero de 11.00 h. a 13.15 h. Organiza: ANPA Xaviña do CEIP J.R.O.
- O Carteiro Real visitará a Galiña Azul ás 11.15 h.
- Papá Noel visitará a Escola de Mens ás 12.00 h.
- Papá Noel visitará a Escola de Barizo ás 12.30 h.
Día 22 de Nadal (xoves)
- Obradoiro de Adornos de Nadal, no local da Ludoteca Municipal, Abriranse 15 prazas para nenos/as de 3 a 11 anos. Organiza: ANPA Milladoiro.
Horarios:
Grupo 1: de 11.00 h. a 13.00 h.
Grupo 2: de 16.00 h. a 18.00 h.
Inscricións: os días 15 e 16 de decembro, de 9.00 h. a 11.00 h. no local da ANPA no CEIP Milladoiro.
Día 23 de Nadal (venres)
- Colocación dos Adornos na árbore de Nadal, no local da Ludoteca Municipal das 11.00 ás 12:30 horas. A cargo dos participantes nos obradoiro de Adornos de Nadal das ANPAS e o Obradoiro de Manualidades do Concello de Malpica. Organizan: ANPA Ventorrillo do CEIP Miladoiro, ANPA Xaviña do CEIP J.R.O. e Concello de Malpica de Bergantiños.
Día 24 de Nadal (sábado)
- Ás 16.30 h. Papa Noel entregará os regalos ós rapaces na Casa da Cultura de Seaia. Organiza: A. C. Carcaxía.
- Pasarrúas de Panxoliñas das cantareiras da C. Malante a partir das 18.00 h. pola vila de Malpica.
- Papá Noel entregará os regalos ós rapaces ás 18.30 h. na Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo. Organiza: A. C. Malante.
Día 26 de Nadal (luns)
- Nadal Xogo: Festa Infantil con Inchables e chocolatada das 16.30 h. ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Día 27 de Nadal (martes)
- Presentación da publicación O Apalpador de Xoán G. ás 17.00 h. no Centro Cívico.
Día 28 de Nadal (mércores)
- Nadal Xogo: Festa Infantil con Inchables das 16.30 h. ás 20.30 h. no Pavillón Polideportivo de Malpica. É imprescindible levar calzado axeitado para estas instalacións. Colabora: ANPA Ventorrillo.
Día 30 de Nadal (venres)
- Nadal Xogo: Festa de Fin de Ano Infantil das 16.30 h. ás 19.30 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas.
Día 31 de Nadal (sábado)
- 1ª San Silvestre Malpicana, Sáida ás 12.00 h. da Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo. Percorrido: Fonte de Anselmo Villar – Mirador de Santo Hadrián (incluirá brindis cun viño galego e txacolí no mirador). Inscricións de balde en Wata Boutique e nos teléfonos 620 927 729 (Walter) e 620 661 699 (Martu). Organiza: A. C. Malante.
- Festa de Fin de Ano, a partir das 23.45 h., no Auditorio do Centro Cívico de Malpica amenizada polo Dúo de Festa, uvas, cava e cotillón.
Día 3 de xaneiro (martes)
Nadal de Vila en Vila, obradoiro de cantos de Nadal con Uxía e Santi Cribeiro. De 12.00 h. a 13.00 h. no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. Destinado a rapaces/as maiores de 4 anos. Prazas limitadas 40. Rede de Dinamización Lingüística. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Día 5 de xaneiro (xoves)
- Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
Ruta 1
- Cambre ás 17.00 h. Saída do Local Sociocultural de Cambre.
- Buño, ás 18.00 h. Parada no Teleclube
- Cerqueda ás 19.00 h. parada no Centro Sociocultural das Pozacas.
- Malpica de Bergantiños, ás 20.00 h. ó Porto.
Ruta 2
- Barizo, Saída do Centro Sociocultural de Barizo, ás 17.30 h.
- Mens, Parada no Centro Sociocultural de Mens ás 18.00 h.
- Seaia Parada na Casa da Cultura de Seaia, ás 18.30 h.
- Vilanova Parada no adro da igrexa, ás 19.00 h.
A cabalgada unicamente realizará as paradas que se relacionan.
Organizan: Concello de Malpica, A. C. Malante, A. C. Carcaxía, AVV Pobo Alfareiro, A. V. C. S. O Brizo, A. C. Raigañas e Asoc. Veciñal Río de San Antonio.
- Leiloio, a partir das 18.00 h. Saída da Feira Nova. Organiza: A.C. A Feira.
- Seaia, ás 21.00 h. Os Reis entregarán os regalos polas casa. Organiza: A. C. D. San Xulián
Día 6 de xaneiro (venres)
- Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
Seaia, ás 10.00 h. saída da Casa da Cultura e a continuación percorrido pola parroquia. Organiza: A. C. D. San Xulián