Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
Martes 14°
Mércores 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Os asistentes á Mostra de Teatro de Malpica gozaron coa obra Pedro e o Lobo

18Nov 2023

Os asistentes á Mostra de Teatro de Malpica gozaron coa obra Pedro e o Lobo

A compañía Fantoches Baj da man dos/as intérpretes Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias e Inacio Vilariño, fixo as delicias de todos/as os/as asistentes que gozaron da obra adaptada ‘Pedro e o Lobo’.

Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias e Inacio Vilariño cativaron a un público nesta experiencia teatral única, enchendo o aforo.

Próxima cita

A programación continuará a vindeira semana o venres, no espazo e horario habituais

(Centro Cívico, 20.30 horas), con “Ninja”, de Ghazafelhos. A obra ten unha duración de 50 minutos e está  dirixida a un público maior de 5 anos. A entrada é de balde.

Sinopse da obra:

A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu. O seu soño é ser unha Ninja. Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola. Ninja é unha obra que aborda o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30h a 14:00h ou chamar ao 981 707 104.