Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O porto de Malpica retoma desde hoxe a pesca deportiva

21Xul 2022

O porto de Malpica retoma desde hoxe a pesca deportiva

O alcalde, Eduardo Parga, asinou un convenio con Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia, para posibilitar a reanudación desta actividade.

O Concello de Malpica anuncia que desde hoxe, xoves 21 de xullo será posible volver practicar a pesca deportiva en diversos puntos habilitados para este fin no porto de Malpica.
O alcalde, Eduardo Parga, ratificou o regreso desta actividade a través da sinatura dun convenio coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
Dito acordo implica que o Concello de Malpica asumirá as tarefas de control no tramo horario desde as 21.00 ata as 06.00 horas durante todos os días da semana.
Ademais, as persoas que desexen practicar esta actividade no porto deberán estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil así como a pertinente licencia de pesca.
Para garantir o cumprimento destas medidas, infórmase que tanto o Concello de Malpica como Portos de Galicia efectuarán controis periódicos para garantir que todas as persoas que practiquen a pesca deportiva estean en posesión destes documentos.
O rexedor, Eduardo Parga, sinala a súa satisfacción por un acordo ‘que permitirá que a nosa veciñanza poida exercer esta actividade’ e agarda ‘que se cumpran todas as medidas para evitar tomar decisións drásticas’.